Únete á mellor aceleradora tecnolóxica de España, segundo o ranking de Funcas 2025–2026
Business Factory Aero – BFAero é unha iniciativa da Xunta de Galicia que achega infraestruturas, financiamento e o apoio de expertos para ofrecer soporte personalizado a proxectos aeroespaciais, aeronáuticos e de vehículos non tripulados.
Ofrecemos un ecosistema de innovación aberta para o impulso de proxectos nacionais e internacionais en diferentes etapas de desenvolvemento.
En que podemos axudarche?
Preguntas frecuentes
Itinerarios
O programa conta con 3 itinerarios, adaptados ao grao de madurez de cada proxecto. Incubación, para a fase temperá, sen unha proposta de valor validada, cunha duración de ata 12 meses. Aceleración, dirixida a proxectos cun Produto Mínimo Viable (PMV) desenvolvido e que están realizando as súas primeiras vendas, durante 8 meses. E Consolidación, modalidade deseñada para empresas cun produto ou servizo definido e vendas reais, que buscan escalar o seu negocio, cunha duración de ata 6 meses.
Financiación
Na fase de Incubación as startups terán acceso a unha financiación de ata 40.000 euros a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) a fondo perdido. Os proxectos en Aceleración contarán cunha financiación do Igape de ata 60.000 euros a fondo perdido e a posibilidade dunha participación en capital mediante un préstamo participativo de ata 50.000 euros, con opción de capitalización a través de Xesgalicia, o vehículo investidor da Xunta de Galicia.
As empresas en fase de Consolidación poderán acceder a ata 30.000 euros a través do Igape a fondo perdido. No caso de que a empresa así o solicite, e no marco dunha rolda de financiamento, poderase valorar unha participación directa no capital da compañía de ata 250.000 euros.
Calendario
As edicións de BFAero seguen un calendario estruturado en distintas fases clave, comezando pola convocatoria e o proceso de inscrición.
Só serán consideradas aquelas solicitudes enviadas seguindo as bases, dentro do prazo e a través do canle adecuado, e que teñan cuberto integramente a totalidade do cuestionario.
Tras o peche de inscricións, iniciarase a fase de selección, na que se avaliarán as candidaturas e se elixirán os proxectos que entrarán no programa.
Só serán consideradas aquelas solicitudes enviadas seguindo as bases, dentro do prazo e a través do canle adecuado, e que teñan cuberto integramente a totalidade do cuestionario.
Tras o peche de inscricións, iniciarase a fase de selección, na que se avaliarán as candidaturas e se elixirán os proxectos que entrarán no programa.

