PROXECTOS
Orbital Bridge
Solución de conectividade avanzada por satélite para robots terrestres e drons que ofrece comunicacións seguras, de baixa latencia e alta dispoñibilidade en contornas sen cobertura tradicional.
ShareWing
Plataforma dixital que permite aos pilotos compartir voos privados e os seus custos. Optimiza o uso de aeronaves infrautilizadas, así como a coordinación e confianza dentro da comunidade aeronáutica.
Nubiq
NUBIQ é unha plataforma de robótica autónoma (UGV) para o transporte de pasaxeiros en aeroportos, deseñada para mellorar a accesibilidade, a eficiencia operativa e a experiencia do viaxeiro mediante un modelo Robotics-as-a-Service.
EuroSafe Systems
EuroSafe Systems desenvolve solucións normativas C5 e C6 que permiten operar aeronaves non tripuladas de maneira legal e segura, tanto en escenarios estándar como nas contornas máis esixentes de Europa.
DroneSilencer
DroneSilencer desenvolve un sistema de Control Activo de Ruído (ANC) para cancelar o ruído xerado en contornas urbanas.
Aviant
Sistema autónomo de entrega con drons de última milla para contornas suburbanas e rurais. Permite a entrega segura, rápida, económica e con baixas emisións de produtos comestibles e farmacéuticos.
DronCleaner
Solución de limpeza industrial en altura mediante drons especializados que permiten aumentar a seguridade e o acceso a zonas complexas, así como reducir os tempos de execución.
Luxsit
Luxsit crea espectáculos de luz innovadores a partir de enxames de drons de última xeración. Esta tecnoloxía garante a execución do espectáculo con total seguridade, mesmo con climatoloxía adversa.
SLIMOP Space
Desenvolve un sistema de espellos superlixeiros de alta precisión para telescopios espaciais.
BirdStrikeDrone
Proxecto de Fobos Solutions, que desenvolveu o dron biomimético Gavizor para o control de fauna aviar, sobre todo en aeroportos.
PLENO GmbH
Simplifica o desenvolvemento de sistemas autónomos para drons e outros vehículos non tripulados a través de recomendacións de hardware automatizadas e desenvolvemento de IA.
C5 Airtech
C5 EuroSafe fabrica un kit modular que adapta drons de C3 a C5 sen necesidade de envialos ao fabricante, reducindo custos e tempos de inactividade.
3top
Saas disruptivo para vixilancia de cultivos con intelixencia artificial a partir de imaxes tomadas por dron.
Aguia Analítica Avanzada
Desenvolve unha solución de IA para o procesamento de imaxes capturadas por UAVS para o mantemento preventivo de estradas.
Kreios space
Desenvolve un sistema de propulsión eléctrico para satélites para habilitar a posibilidade de operación en órbitas moi baixas (VLEO).
Vig-Sec Drone
Suite ACRE é un un software de xestión do espazo aéreo para emerxencias que permite o uso simultáneo de aeronaves tripuladas e non tripuladas.
Dronomy
Traballan no desenvolvemento de aplicacións de sistemas autónomos de navegación de precisión para drons.
Next Generation Airport Solutions
Resolve o problema de xestión de vertiportos, heliportos e pequenos aeródromos para recuperar a desaproveitada rede de infraestruturas públicas.
BirdStrikeDrone
Proxecto de Fobos Solutions, quen desenvolveu o dron biomimético Gavizor, para o control de fauna aviaria, sobre todo en aeroportos.
SLIMOP Space
Desenvolve un sistema de espellos superlivianos de alta precisión para telescopios espaciais.
DroneSilencer
DroneSilencer desenvolve un sistema de Control Activo de Ruído (ANC) para cancelar o ruído xerado en contornas urbanas.
H2 Dron Energy
Sistema de xeración de enerxía eléctrica para drones mediante pila de combustible de hidróxeno. O deseño está adaptado ao cumprimento dos requisitos de certificación da AESA, tanto para aeronaves en categoría específica como certificadas. A propulsión por hidróxeno cuatriplica o tempo de voo dos drones, con recargas rápidas e sinxelas, xerando só auga como residuo
GeneraDron
Sistema innovador de inspección de pás dos aeroxeradores en movemento. A súa tecnoloxía permite realizar inspeccións sen deter a produción nin intervir na maquinaria, o que reduce significativamente os custes e mellora a produtividade. Captura imaxes de moi alta definición das pás, xestionando automaticamente o disparo da cámara e facilitando aos enxeñeiros o análisis e redacción de informes dende a oficina técnica, eliminando a necesidade de desprazamentos físicos.
Drone NET
Ofrecen a fabricantes e provedores de servizos mediante UAS unha solución coa cal pilotar, xestionar e monitorizar toda a súa frota mediante comunicacións móbiles e satelitales. Isto permite operar de forma segura en condicións BVLOS, ademais de ofrecer grandes vantaxes en custos ao operar toda unha frota desde unha soa central de control por un só piloto.
ITG Drone Solutions
ITG DroneSolutions ofrece solucións avanzadas baseadas en drons para operadores de UAV: DroneSuite®, un SaaS na nube para a xestión eficiente de frotas e equipos; e DroneSafeBox®, un hangar automatizado de carga que permite operacións desatendidas en remoto.
The Drone MBA
Propoñen a creación dun programa de formación totalmente disruptivo dirixido a aquelas persoas que, valorando previamente ou non a posibilidade de incorporarse profesionalmente á industria dos drons, poidan adquirir os coñecementos sobre o manexo de drons demandados nas diferentes industrias.
Proteus innovation
Este proxecto propón a creación de Nàutic, un dron mariño ideado para levar a cabo rescates na auga; un barco non tripulado dun metro de lonxitude que pode ser dirixido por radiocontrol ou pilotado por un socorrista e inclúe radio para manter constante comunicación con terra.
Beagle
Hardware e software que proporciona conciencia situacional mellorada a operacións de emerxencias. Ofrece vídeo en tempo real xeoposicionado, proxectado correctamente sobre o modelo tridimensional do terreo e fusionado con capas seleccionables e posición de medios participantes nunha operación ou alleas á mesma.
Fly-Fut
Solución que integra a tecnoloxía dos drons e a intelixencia artificial. O seu principal obxectivo é mellorar a experiencia de análise dos equipos de fútbol mediante a integración de solucións avanzadas de imaxes e datos.
Anduriña25
Desenvolvemento da primeira nave híbrida con capacidade de despegamento vertical, gran autonomía e carga de ata 5 kg, que ademais conta cun deseño estrutural e aerodinámico innovador que permite voar en condicións fiables, eficientes e seguras, sen poñer en risco nin a integridade da aeronave nin da carga que transporta.
Kreios space
Propoñen o desenvolvemento dun innovador sistema de propulsión autónomo, completamente eléctrico e sostible para satélites, baseado na tecnoloxía Air-Breathing Electric Propulsion (ABEP), que xera empuxe grazas aos motores de plasma baseados en ondas helicoidales (IPT). Con este sistema é posible orbitar en VLEO.
Arzeos Aircraft
Desde Silleda, propoñen o deseño e fabricación dunha aeronave ultra lixeira con innovacións en seguridade, pilotaxe e fabricación. O seu compromiso é ofrecer unha experiencia de voo excepcional cumprindo cos máis altos estándares de calidade, seguridade e rendemento.
Aguia Analítica Avanzada
Desenvolvemento de intelixencia artificial que permite a racionalización das inspeccións de infraestruturas lineais a partir da análise automática de imaxes tomadas desde UAV/RPA e a xeración automática de informes técnicos.
Vig-Sec Drone
Software de xestión do espazo aéreo de emerxencias que permite o uso simultáneo de aeronaves tripuladas e non tripuladas nun mesmo espazo. Reduce o tempo da emerxencia, optimiza a utilización de recursos, aumenta a seguridade e reduce o custo das operacións.

