Solarbotix
Fabricación de conxuntos solares encapsulados (placas fotovoltaicas) mediante tecnoloxías de fabricación de compostos para que poidan moldearse en superficies non planas (por exemplo, as ás dos avións).
Fabricación de conxuntos solares encapsulados (placas fotovoltaicas) mediante tecnoloxías de fabricación de compostos para que poidan moldearse en superficies non planas (por exemplo, as ás dos avións).
Plataforma cloud con ferramentas e utilidades SW destinadas a facilitar a xestión, operación e administración da actividade habitual dunha operadora de RPAS, que permite automatizar as tarefas de procesado e xerar resultados de forma eficaz.
Integración de tecnoloxía de visión artificial (CV) e intelixencia artificial (AI) en UAVs de dimensións reducidas e alta precisión de voo con cámara embarcada para inspección de procesos industriais e verteduras ambientais.
Sistema de control de voo para UAVs fiable, seguro e certificable. A súa aplicación é o control autónomo de calquera tipo de UAV para calquera tipo de misión: xestión de tráfico, seguridade e defensa, air taxis…
UAV con diferentes capacidades de carga útil e autonomía que facilita a intervención temperá en incendios forestais e aumenta a taxa de supervivencia de persoas cuxa vida se ve ameazada en zonas de difícil acceso.
Ferramenta para a integración de drons en operación e mantemento de instalacións industriais que crea unha contorna de traballo que facilita o uso dos mesmos, planifica operacións, xestiona e procesa datos para análises complexas, permitindo abordar de forma satisfactoria as operacións con UAVs.