T1: Business Factory Aero – BFAero
É unha aceleradora de carácter vertical xurdida no contexto do programa Civil UAVs Initiative, da Xunta de Galicia, que busca promover o desenvolvemento de empresas innovadoras do sector aeronáutico, aeroespacial e vehículos non tripulados e xerar pegada industrial en Galicia. Está aberta a todas as institucións e empresas con interese en consolidar neste ámbito un ecosistema de innovación aberta.
Business Factory Aero – BFAero
É un programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas, que forma parte da Rede de Aceleradoras da Xunta de Galicia, que busca promover o desenvolvemento de empresas innovadoras do sector aeronáutico, aeroespacial e vehículos non tripulados e xerar pegada industrial en Galicia. Está aberta a todas as institucións e empresas con interese en consolidar neste ámbito un ecosistema de innovación aberta.
FASES
INCUBACIÓN
Programa de apoio de 12 meses para proxectos nacionais e internacionais, empresas sen constituír ou de recente creación (sen historial de actividade comparable) que se atopen nun estado intermedio entre a ideación e a validación do modelo de negocio.
ACELERACIÓN
Programa de apoio de 8 meses para proxectos nacionais e internacionais que dispoñan dun produto mínimo viable (MVP) ou empresas que realizasen vendas iniciais e contan con capacidade de crecemento, pero que necesitan sistematizar o seu modelo de negocio, conseguir vendas recorrentes e/ou penetrar en novos mercados.
CONSOLIDACIÓN
Programa de apoio de 6 meses para empresas cunha antigüidade máxima de ata 7 anos, sede social ou centro de traballo en Galicia, produto ou servizo definido, vendas reais, modelo de negocio estruturado e alta capacidade de crecemento ou posibilidade de escalado.
TITORES
MENTORES
Quen pode participar
BFAero impulsa iniciativas promovidas por particulares, a contorna empresarial ou de centros de coñecemento.
Emprendedor, emprendedora
Persoa física ou xurídica que a partir dunha idea innovadora crea o seu propio proxecto.
Startup
Empresa de recente creación promovida por emprendedores a título persoal en fase de arranque.
Spin-out
Empresa de recente creación resultado da escisión dun proxecto dunha compañía existente ou desenvolvido por varias compañías.
Spin-off
Empresa de recente creación a partir dun desenvolvemento innovador con orixe na universidade ou en centro tecnolóxicos.
Empresa
POR QUE BFAero
O propósito é ser a aceleradora de referencia no ámbito de aeroespacial e dos vehículos non tripulados.
BFAero conta co respaldo da Xunta de Galicia no marco da Civil UAVs Initiative.
Proporciona aos proxectos participantes algunhas vantaxes como:
SAÍDA COMERCIAL
TUTORIZACIÓN
Titores especializados e apoio permanente.
FORMACIÓN AVANZADA
Programa de formación avanzada adaptado ao grao de madurez dos proxectos.
INSTALACIÓNS Y MEDIOS
Equipamento e medios técnicos da Civil UAVs Initiative e instalacións do Aeródromo de Rozas.
FUNDACIÓN CEL INICIATIVAS POR LUGO
Lugo
43°00’12.2″N 7°34’06.4″W
Offices, meeting rooms and coworking.



















