Integración de laboratorio, aliñamento óptico, metroloxía, adquisición de datos e validación experimental de prototipos.

Que farás

Participarás na integración e validación experimental de tecnoloxías ópticas para telescopios espaciais e payloads ópticos avanzados.

Entre as túas responsabilidades estarán:

• Configuración e operación de bancos de ensaio óptico
• Aliñamento óptico e integración en laboratorio
• Metroloxía óptica e campañas de medida
• Adquisición e análise de datos experimentais
• Documentación de resultados de ensaio
• Apoio ao desenvolvemento e validación de prototipos
• Colaboración cos equipos de óptica e optomecánica
• Apoio á preparación de propostas de I+D, documentación técnica, informes de avance e xustificación técnica de proxectos financiados.

Que buscamos

• Máster en Física, Ingeniería Óptica, Electrónica o área STEM relacionada
• Experiencia con instrumentación de laboratorio
• Experiencia en adquisición de datos
• Mentalidad analítica y atención al detalle
• Buenas capacidades de comunicación en inglés
• Capacidad para documentar resultados técnicos de forma clara, rigurosa y estructurada.

Valoraremos positivamente experiencia en técnicas de metroloxía óptica, programación para análise de datos en Python/Matlab ou automatización de laboratorio.

Este perfil require mans, cabeza e actitude: precisión no laboratorio, criterio técnico para interpretar resultados e enerxía para mellorar continuamente os prototipos. En SLIMOP cremos que a aptitude permite facer o traballo, pero a actitude determina como e con que éxito se realiza. Buscamos persoas con curiosidade, compromiso, rigor e paixón por construír tecnoloxía espacial desde o laboratorio.

Que ofrecemos

• Traballo directo en tecnoloxías ópticas avanzadas desde Galicia • Experiencia práctica de laboratorio aplicada a espazo • Participación no desenvolvemento de tecnoloxía espacial real • Crecemento dentro dunha startup deep-tech europea • Contacto con retos reais de integración, metroloxía e validación

A posición enmárcase no programa INVESTIGO, polo que os candidatos deberán cumprir os requisitos de elixibilidade do programa e ser menores de 30 anos.

Ubicación: Vigo, Galicia
Inicio previsto: xullo de 2026


Envío de candidaturas:
info@slimop.space