PROXECTOS

  • C5 EuroSafe fabrica un kit modular que adapta drons de C3 a C5 sen necesidade de envialos ao fabricante, reducindo custos e tempos de inactividade.

6ª Edición

Incubación

  • DroneSilencer desenvolve un sistema de Control Activo de Ruído (ANC) para cancelar o ruído xerado en contornas urbanas.

6ª Edición

Incubación

  • Simplifica o desenvolvemento de sistemas autónomos para drons e outros vehículos non tripulados a través de recomendacións de hardware automatizadas e desenvolvemento de IA.

6ª Edición

Incubación

  • Saas disruptivo para vixilancia de cultivos con intelixencia artificial a partir de imaxes tomadas por dron.

6ª Edición

Incubación

  • Desenvolve unha solución de IA para o procesamento de imaxes capturadas por UAVS para o mantemento preventivo de estradas.

6ª Edición

Consolidación

  • Desenvolve un sistema de propulsión eléctrico para satélites para habilitar a posibilidade de operación en órbitas moi baixas (VLEO).

6ª Edición

Consolidación

  • Suite ACRE é un un software de xestión do espazo aéreo para emerxencias que permite o uso simultáneo de aeronaves tripuladas e non tripuladas.

6ª Edición

Consolidación

  • Deseña, fabrica e comercializa aeronaves ultralixeiras biplaza pilotadas.

6ª Edición

Aceleración

  • Traballan no desenvolvemento de aplicacións de sistemas autónomos de navegación de precisión para drons.

6ª Edición

Aceleración

  • Desenvolve un sistema de espellos superlivianos de alta precisión para telescopios espaciais.

6ª Edición

Aceleración

  • Proxecto de Fobos Solutions, quen desenvolveu o dron biomimético Gavizor, para o control de fauna aviaria, sobre todo en aeroportos.

6ª Edición

Aceleración

  • Resolve o problema de xestión de vertiportos, heliportos e pequenos aeródromos para recuperar a desaproveitada rede de infraestruturas públicas.

6ª Edición

Aceleración

  • Innovadora solución de software para xestionar a mecánica de voo para satélites mediante o modelo de Software as-a-Service (SaaS). Esta solución aborda os retos dos elevados custes e complexidade técnica na operación de satélites, facilitando aos operadores a navegación orbital mediante unha plataforma que integra computación na nube, automatización e aprendizaxe automática.

5ª Edición

Consolidación

  • Empresa dedicada á xestión integral de operacións con drones que está a desenvolver unha plataforma DAAS innovadora denominada CERTIDRON, que pretende revolucionar a xestión das operacións con drones ao ofrecer unha solución integral que dixitaliza e automatiza todos os aspectos de calquera operación con drones, incluíndo a xestión do operador, unha planificación de voo intuitiva e funcionando tamén como plataforma de emprego ou marketplace entre clientes e operadores de drones.

5ª Edición

Consolidación

  • Sistema de xeración de enerxía eléctrica para drones mediante pila de combustible de hidróxeno. O deseño está adaptado ao cumprimento dos requisitos de certificación da AESA, tanto para aeronaves en categoría específica como certificadas. A propulsión por hidróxeno cuatriplica o tempo de voo dos drones, con recargas rápidas e sinxelas, xerando só auga como residuo.

5ª Edición

Consolidación

  • Sistema innovador de inspección de pás dos aeroxeradores en movemento. A súa tecnoloxía permite realizar inspeccións sen deter a produción nin intervir na maquinaria, o que reduce significativamente os custes e mellora a produtividade. Captura imaxes de moi alta definición das pás, xestionando automaticamente o disparo da cámara e facilitando aos enxeñeiros o análisis e redacción de informes dende a oficina técnica, eliminando a necesidade de desprazamentos físicos.

5ª Edición

Consolidación

  • Desde Silleda, propoñen o deseño e fabricación dunha aeronave ultra lixeira con innovacións en seguridade, pilotaxe e fabricación. O seu compromiso é ofrecer unha experiencia de voo excepcional cumprindo cos máis altos estándares de calidade, seguridade e rendemento.

5ª Edición

Incubación

  • Este proxecto propón a definición dunha contorna de simulación co obxectivo de analizar a aerodinámica e condicións de voo de UAVs. Estes UAVs poden ou non transportar cargas de modo que se pode estudar a forma de optimizar tanto a colocación da propia carga como o redeseño dalgún dos seus compoñentes.

5ª Edición

Incubación

  • Ofrecen a fabricantes e provedores de servizos mediante UAS unha solución coa cal pilotar, xestionar e monitorizar toda a súa frota mediante comunicacións móbiles e satelitales. Isto permite operar de forma segura en condicións BVLOS, ademais de ofrecer grandes vantaxes en custos ao operar toda unha frota desde unha soa central de control por un só piloto.

5ª Edición

Incubación

  • Propoñen o desenvolvemento dun innovador sistema de propulsión autónomo, completamente eléctrico e sostible para satélites, baseado na tecnoloxía Air-Breathing Electric Propulsion (ABEP), que xera empuxe grazas aos motores de plasma baseados en ondas helicoidales (IPT). Con este sistema é posible orbitar en VLEO.

5ª Edición

Aceleración

  • ITG DroneSolutions ofrece solucións avanzadas baseadas en drons para operadores de UAV: DroneSuite®, un SaaS na nube para a xestión eficiente de frotas e equipos; e DroneSafeBox®, un hangar automatizado de carga que permite operacións desatendidas en remoto.

5ª Edición

Aceleración

  • Desenvolvemento de intelixencia artificial que permite a racionalización das inspeccións de infraestruturas lineais a partir da análise automática de imaxes tomadas desde UAV/RPA e a xeración automática de informes técnicos.

5ª Edición

Aceleración

  • Propoñen a creación dun programa de formación totalmente disruptivo dirixido a aquelas persoas que, valorando previamente ou non a posibilidade de incorporarse profesionalmente á industria dos drons, poidan adquirir os coñecementos sobre o manexo de drons demandados nas diferentes industrias.

5ª Edición

Aceleración

  • Este proxecto propón a creación de Nàutic, un dron mariño ideado para levar a cabo rescates na auga; un barco non tripulado dun metro de lonxitude que pode ser dirixido por radiocontrol ou pilotado por un socorrista e inclúe radio para manter constante comunicación con terra.

5ª Edición

Aceleración

  • Software de xestión do espazo aéreo de emerxencias que permite o uso simultáneo de aeronaves tripuladas e non tripuladas nun mesmo espazo. Reduce o tempo da emerxencia, optimiza a utilización de recursos, aumenta a seguridade e reduce o custo das operacións.

5ª Edición

Aceleración

  • Hardware e software que proporciona conciencia situacional mellorada a operacións de emerxencias. Ofrece vídeo en tempo real xeoposicionado, proxectado correctamente sobre o modelo tridimensional do terreo e fusionado con capas seleccionables e posición de medios participantes nunha operación ou alleas á mesma.

5ª Edición

Consolidación

  • Solución que integra a tecnoloxía dos drons e a intelixencia artificial. O seu principal obxectivo é mellorar a experiencia de análise dos equipos de fútbol mediante a integración de solucións avanzadas de imaxes e datos.

5ª Edición

Consolidación

  • Desenvolvemento da primeira nave híbrida con capacidade de despegamento vertical, gran autonomía e carga de ata 5 kg, que ademais conta cun deseño estrutural e aerodinámico innovador que permite voar en condicións fiables, eficientes e seguras, sen poñer en risco nin a integridade da aeronave nin da carga que transporta.

5ª Edición

Consolidación

  • Ahyres especialízase no desenvolvemento de sistemas de electrónica e aviónica personalizados (software e hardware), integrables con calquera tipo de vehículo, sensórica e carga de pago; brindando unha maior versatilidade e capacidade operativa que as solucións de produto pechado. Todo iso mantendo a seguridade e o cumprimento requirido nas operacións.

4ª Edición

Incubación

  • Sistema de propulsión eléctrico para satélites que lles permitirá manterse indefinidamente en órbitas VLEO, aumentar a resolución ata 16 veces das imaxes recollidas e reducir os custos do sistema de propulsión.

4ª Edición

Incubación

  • Desenvolvemento de intelixencia artificial que permite a racionalización das inspeccións de infraestruturas lineais a partir da análise automática de imaxes tomadas desde UAV/RPA e a xeración automática de informes técnicos.

4ª Edición

Incubación

  • Desenvolvemento da primeira nave híbrida con capacidade de despegamento vertical, gran autonomía e carga de ata 5 kg, que ademais conta cun deseño estrutural e aerodinámico innovador que permite voar en condicións fiables, eficientes e seguras, sen poñer en risco nin a integridade da aeronave nin da carga que transporta.

4ª Edición

Aceleración

  • Hardware e software que proporciona conciencia situacional mellorada a operacións de emerxencias. Ofrece vídeo en tempo real xeoposicionado, proxectado correctamente sobre o modelo tridimensional do terreo e fusionado con capas seleccionables e posición de medios participantes nunha operación ou alleas á mesma.

4ª Edición

Aceleración

  • Sistema integrado para a toma de datos ópticos e termográficos de aeroxeradores en movemento, que permitirá reducir o tempo de toma de imaxes, a automatización avanzada deste proceso para que as transicións en altura, e con respecto ás 4 caras da pa, non dependan da destreza extrema dos pilotos.

4ª Edición

Aceleración

  • Plataforma de provisión de servizos U-Space (USSP) que conta cunha colección de sistemas de software de alta calidade e robustez certificada, que van desde os módulos de xestión e control do espazo aéreo de vehículos non tripulados e integración con aviación comercial, ata a integración por software.

4ª Edición

Aceleración

  • Nova tecnoloxía EMA (Energy Mobile Assistant) de asistencia enerxética completamente portátil, que entrega enerxía limpa con pura onda senoidal, sen distorsiones e con cero emisións contaminantes.

4ª Edición

Aceleración

  • Desenvolvemento que permite automatizar a dixitalización do 100% das liñas eléctricas habilitando o uso industrial de drons de longo alcance (BVLOS), reducindo ademais o custo de inspección ata un 94%, eliminando riscos persoais e emisións contaminantes.

4ª Edición

Consolidación

  • UAV con diferentes capacidades de carga útil e autonomía que facilita a intervención temperá en incendios forestais e aumenta a taxa de supervivencia de persoas cuxa vida se ve ameazada en zonas de difícil acceso.

4ª Edición

Consolidación

  • Ferramenta para a integración de drons en operación e mantemento de instalacións industriais que crea unha contorna de traballo que facilita o uso dos mesmos, planifica operacións, xestiona e procesa datos para análises complexas, permitindo abordar de forma satisfactoria as operacións con UAVs.

4ª Edición

Consolidación

  • Aplicación de vehículos non tripulados autónomos e robotizados ao sector da saúde para a loxística e distribución a farmacias ou outras localizacións, de medicamentos e outros produtos farmacéuticos baixo as condicións requiridas por cada produto (temperatura, humidade etc.)

4ª Edición

Incubación

  • Fabricación de conxuntos solares encapsulados (placas fotovoltaicas) mediante tecnoloxías de fabricación de compostos para que poidan moldearse en superficies non planas (por exemplo, as ás dos avións).

3ª Edición

Incubación

  • Plataforma cloud con ferramentas e utilidades SW destinadas a facilitar a xestión, operación e administración da actividade habitual dunha operadora de RPAS, que permite automatizar as tarefas de procesado e xerar resultados de forma eficaz.

3ª Edición

Incubación

  • Integración de tecnoloxía de visión artificial (CV) e intelixencia artificial (AI) en UAVs de dimensións reducidas e alta precisión de voo con cámara embarcada para inspección de procesos industriais e verteduras ambientais.

3ª Edición

Aceleración

  • Sistema de control de voo para UAVs fiable, seguro e certificable. A súa aplicación é o control autónomo de calquera tipo de UAV para calquera tipo de misión: xestión de tráfico, seguridade e defensa, air taxis…

3ª Edición

Aceleración

  • UAV con diferentes capacidades de carga útil e autonomía que facilita a intervención temperá en incendios forestais e aumenta a taxa de supervivencia de persoas cuxa vida se ve ameazada en zonas de difícil acceso.

3ª Edición

Aceleración

  • Ferramenta para a integración de drons en operación e mantemento de instalacións industriais que crea unha contorna de traballo que facilita o uso dos mesmos, planifica operacións, xestiona e procesa datos para análises complexas, permitindo abordar de forma satisfactoria as operacións con UAVs.

3ª Edición

Aceleración

  • Desenvolvemento de cargas de pago para UAV que permitan establecer un contacto estable entre o vehículo aéreo e unha estrutura vertical. Esta carga de pago permitirá realizar tarefas de inspección non destrutiva baseada, por exemplo, en ultrasóns.

2ª Edición

Incubación

  • Dispositivo de captura de datos xeoreferenciados, de carácter multisensor e capacidade para ser embarcado en multiplataforma, como solución hardware-software modular e completa que permita un control de captura de datos e integración/procesado básico.

2ª Edición

Incubación

  • Crear solucións tecnolóxicas que maximicen a eficiencia da conectividade en operacións críticas como procura e rescate, comunicacións de emerxencia e control de fronteiras.

2ª Edición

Aceleración

  • Deseño e fabricación de estruturas aeronáuticas, reforzos e chasis para drons, fabricadas en material composite ultra lixeiro e resistente.

2ª Edición

Aceleración

  • Servizo de detección, neutralización e destrución de niños de avespa asiática aplicando tecnoloxía RPAs.

2ª Edición

Aceleración

  • Proporciona ao sector enerxético e público solucións integrais de adquisición de datos mediante avións non tripulados, deseñados en base aos requisitos do cliente.

2ª Edición

Aceleración

  • Desenvolvemento de sistemas para medicións e inspeccións non destrutivas con sensórica activa (radares) e pasiva (antenas) en bandas de radiofrecuencia.

1ª Edición

Incubación

  • Sistema integrado para a toma de datos ópticos e termográficos de aeroxeradores en movemento, que permitirá reducir o tempo de toma de imaxes, a automatización avanzada deste proceso para que as transicións en altura, e con respecto ás 4 caras da pa, non dependan da destreza extrema dos pilotos.

1ª Edición

Incubación

  • Produción de enerxía eléctrica a través de células de combustible de Hidróxeno para UAVs e USVs.

1ª Edición

Aceleración

  • Un dron versátil, funcional e moi eficiente. Avión de despegamento vertical ata 5 veces con máis autonomía e alcance que calquera multicóptero.

1ª Edición

Aceleración

  • Desenvolvemento dunha plataforma de análise de datos sobre a que se integrarán funcionalidades avanzadas baseada en tecnoloxía ADS-B.

1ª Edición

Aceleración

  • Deseño optimizado e fabricación aditiva de pezas estruturais de UAVs co fin de reducir o seu peso e aumentar a súa autonomía de voo.

1ª Edición

Aceleración