Reunión do IGAPE con proxectos da Business Factory Aero. Fundación CEL.
Galicia despega na industria aeroespacial, aeronáutica e de vehículos non tripulados (UAVs), tras cinco edicións do programa de aceleración Business Factory Aero , impulsado pola Xunta de Galicia e Civil UAVs Initiative (CUI).
A pegada industrial que xerou a BFAero tradúcese en tres ámbitos. Xunto á creación de novas empresas, 46 en total desde 2018, o programa impulsou a consolidación dun operador de referencia no sector, Aeromedia e, por último, propiciou o traslado a Galicia da sede de startups como Kreios Space e FuVex.
Ademais de ser a mellor aceleradora na clasificación global de Funcas 2024, o traballo de BFAero permitiu a creación dun ecosistema de innovación dinámico e frutífero.
Este ecosistema aeronáutico galego conta con máis de 55 entidades ooperan co obxectivo de dar resposta ás necesidades dos emprendedores da industria aeroespacial, aeronáutica e de vehículos non tripulados tecendo unha rede de colaboración para o impulso e escalado de tecnoloxías disruptivas que resolvan retos das empresas e da sociedade.
A colaboración de todo o ecosistema tamén permitiu aos emprendedores acceder a 31 potenciales clientes ou “early adopters” e a 7 potenciais investidores.

Xesgalicia explica aos proxectos de Business Factory Aero acceso a financiamento.
Un tecido empresarial dinámico
O tecido empresarial ao redor do emprendemento de BFAero é unha proba da fortaleza e o dinamismo do campo aeronáutico, xa que xunto ás empresa tractoras existen un número significativo de empresas do sector, clientes e servizos a proxectos.
Entre as empresas tractoras que se sumaron a este ecosistema figuran Airbus, Avincis, Telespazio, UTE Aertec-Tecnobyte. Xunto a elas tamén cabe sinalar a implicación de empresas do sector como: Ahyres, Primecor, Nordes Tech, UARX Space, Enercraf, Alén, Lupeon y Aerocámara.
Estratéxico é tamén o papel de clientes early adopters como Cinfo, Gabadi, Hercules, Marina Meriodional que achegan un alto valor para o emprendemento.
Por último, o ecosistema dispón dunha rede de empresas de servicios que apoian aos proxectos en propiedade intelectual, xestión de persoas ou desenvolvementos tecnolóxicos: Clark Modet, Implicatum, Vicus dt, Dixome, Silicon DT, GO! People & Talent.



