A 8ª convocatoria de BFAero xa está aberta e, se estás a valorar presentar o teu proxecto, queremos axudarche a resolver todas as dúbidas que poidan xurdir durante o proceso.
Por iso, o próximo 15 de outubro, de 15.00 a 15.45 horas, celebraremos un webinar informativo en liña, no que repasaremos os principais aspectos da convocatoria e responderemos as preguntas dos proxectos e empresas interesadas.
Ademáis, contaremos coa participación de SLIMOP Space, proxecto que participou na 6ª edición de BFAero no itinerario de Aceleración e na 7ª edición en Consolidación, e que compartirá a súa experiencia e como o seu paso polo programa axudoulle a desenvolver e consolidar o seu proxecto.
Que atoparás no webinar?
Durante a sesión falaremos sobre que é Business Factory Aero (BFAero) e que ofrece ás startups, como formar parte desta nova edición e cales son os aspectos que se teñen en conta no proceso de selección.
Tamén ofreceremos unha guía práctica sobre os criterios de avaliación e o formulario de solicitude, para axudarche a preparar a túa candidatura, e reservaremos un espazo final para resolver dúbidas e preguntas.
Se estás a pensar en presentar a túa candidatura á 8ª convocatoria, este webinar será unha boa oportunidade para coñecer mellor o programa, descubrir de primeira man a experiencia dun proxecto que pasou por BFAero e aclarar calquera cuestión antes de presentar a túa candidatura.
Lembra que o prazo para presentar candidaturas finaliza o 30 de outubro de 2026.
BFAero: unha oportunidade para impulsar o teu proxecto
A través dos seus diferentes itinerarios, BFAero ofrece financiamento, acompañamento especializado, conexión coa industria e oportunidades de crecemento para proxectos aeroespaciais, aeronáuticos e de vehículos non tripulados.
Desde 2019, os proxectos que pasaron por BFAero conseguiron máis de 28 M€ de volume de negocio e 16 M€ de investimento captado.
Se tes un proxecto innovador e queres dar o seguinte paso, esperámoste o 15 de outubro.
Inscríbete e resolve as túas dúbidas sobre a 8ª convocatoria de BFAero!

