A Business Factory Aero participou en Invertir en Ciencia SÍ es Rentable, unha reunión estratéxica de científicos, investidores e empresas de base tecnolóxica celebrada en Santiago de Compostela, para mostrar exemplos de empresas aceleradas que afianzan o lema deste IV encontro nacional, organizado por UNIRISCO y Xesgalicia.
As empresas Vig-Sec Drone e Kreios Space participaron nunha mesa redonda para expoñer as súas experiencias no valor que achega o modelo das Business Factory como unha panca de impulso ao emprendemento e a ciencia ao servizo de sectores estratéxicos, moderada polo IGAPE.
Nesta liña, Noelia Gil, directora de operacións e cofundadora de Vig Sec-Drone expuxo o valor engadido que supuxo “entrar en conexión co ecosistema galego porque nos abriu moitas portas”, tamén recoñeceu que “os expertos aos que tivemos acceso axudáronnos a posicionarnos no mercado”.
Pola súa banda, Jan Mataró, CTO e Fundador de Kreios Space explicou como decidiron trasladar a empresa de Cataluña a Galicia, “necesitabamos unha cámara sen carga para facer uns test e, grazas á BFAero contamos, co apoio da Xunta de Galicia a través do IGAPE e acabamos sacando o proxecto adiante”. Ter unha contorna favorable de apoios públicos, investidores e un ecosistema forte animou á empresa para realizar o traslado “inicialmente movémosnos 8 persoas, agora somos máis de 25”.
Junto a las startups, más de 50 ponentes analizaron la inversión en tecnologías deeptech como motor de transformación económica e impacto social y la necesidad de contar con el impulso del capital privado como palanca de competitividad, soberanía tecnológica y crecimiento sostenible.

Investimento paciente
Durante este evento tamén se analizou o papel dos investidores públicos e privados e a necesidade de que o investimento en compañías de base científica e tecnolóxicas abórdese como un investimento paciente.
Vig-Sec Drone e Kreios Space son exemplos de emprendedores cunha tecnoloxía disruptiva que xerou interese entre investidores públicos e privados. A finais de 2025, Vig Sec-Drone pechou unha rolda de investimento de 1M€ para acelerar o seu crecemento e consolidar a súa tecnoloxía. A rolda estivo liderada por Encomenda Capital Partners SGEIC e contou coa participación de Lugo Transforma, XesGalicia e Vigo Activo Sociedade de Capital Risco.
Pola súa banda Kreios Space pechou unha rolda de investimento semente de 8 M€, liderada por NATO Innovation Fund (fondo de innovación da OTAN) e por Join Capital, o que a converteu na maior rolda de financiamento europeo de tecnoloxías VLEO. A operación tamén contou co respaldo outros investidores, entre eles Xesgalicia, Grow Venture Partners e Tasivia Global.



