Durante as últimas semanas, algunhas das startups de BFAero cultivaron recoñecementos tanto a nivel nacional como internacional do ecosistema aeroespacial de innovación. Premios e distincións que son unha proba da eficacia dos proxectos porque resolven un reto civil ou militar e fano desde unha visión innovadora.
VALAR foi seleccionado como un dos gañadores dos Desafíos CASSINI 2024, organizados pola Axencia da Unión Europea para o Programa Espacial (EUSPA).
É un gran recoñecemento á traxectoria comercial e unha validación da visión da empresas por conseguir que as operacións espaciais sexan máis accesibles, fiables e eficientes para todo o ecosistema espacial europeo.
Aguia Analítica Avanzada recibiu o Premio de Innovación Aeronáutica 2025- COIAE, en recoñecemento ao traballo realizado no desenvolvemento de tecnoloxías avanzadas para a inspección e xestión intelixente de infraestruturas.
Ademais, foi recoñecida como unha das 101 empresas destacadas na II Edición dos Recoñecementos Top 101 Spain Up Nation, un evento que celebra o talento emprendedor de alto impacto en España.
Destacar tamén que na edición deste ano, tamén foi recoñecida como Top 101 Spain Up Nation, Vig Sec Drone.
Ata a cidade alemá de Hannover foise o equipo de 3top, xa que foron seleccionados na primeira edición de Desafía Agrotech Alemaña 2025, un programa deseñado por Red.es, ICEX España Exportación e Investimentos e a Oficina Económica e Comercial de España para o impulso da internacionalización de startups españolas que aplican a tecnoloxía ao sector agroalimentario.
Por último, destacar tamén o éxito cultivado polo equipo de Kreios Space en Corea, onde foi galardoada co premio á «Startup máis disruptiva» deste ano no marco do South Summit Korea 2025.
Todos estes recoñecementos son ademais unha oportunidade de ampliar contactos e conexións para o desenvolvemento de futuros proxectos. Parabén a todos.



