Con esta cifra, BFAero alcanza o seu obxectivo de ampliar o seu radio de atracción máis aló do ámbito nacional, reforzando o seu posicionamento como referencia europea en emprendemento aeronáutico e aeroespacial.
Orixe dos proxectos
Proxectos internacionais: sete proceden de países da Unión Europea (Italia, Noruega, Dinamarca, Lituania e Bulgaria, entre outros) e o resto de Arxentina, Malaisia, Turquía, India e Suíza.
Proxectos nacionais: a convocatoria tamén espertou un alto interese: 78 propostas españolas, das cales un 61 % proveñen de comunidades como Cataluña (12), Madrid (11), Andalucía (9), País Vasco (3) ou Canarias (2). Os proxectos galegos representan o 39 % do total, con 30 candidaturas.
Principais áreas temáticas
As iniciativas rexistradas circunscríbense en catro áreas temáticas:
Desenvolvemento de aplicacións dos vehículos non tripulados para mercados concretos, por exemplo emerxencias e protección civil ou a inspección industrial de infraestrutura (56%).
Tecnoloxías aplicadas ao sector satelital (20%).
Creación de plataformas e os seus compoñentes, no que se inclúen estruturas, enerxía, propulsión, sistemas, navegación e pilotaxe (15%).
Proxectos de equipos e sistemas para embarcados ou en terra (10%).
Itinerarios de BFAero
O programa conta con 3 itinerarios, adaptados ao grao de madurez de cada proxecto:
Para a fase de Incubación, a fase temperá, inscribíronse o 40% de proxectos.
En Aceleración, dirixida a proxectos cun Produto Mínimo Viable (PMV) desenvolvido e que están a realizar as súas primeiras vendas, inscribíronse o 45% dos proxectos.
En Consolidación, modalidade deseñada para empresas cun produto ou servizo definido e vendas reais, que buscan escalar o seu negocio, rexistráronse un 15% dos rexistrados.
Mellor aceleradora de España
Recoñecida por segundo ano consecutivo como a mellor aceleradora de España no ranking nacional FUNCAS, BFAero é hoxe unha panca estratéxica de creación e aceleración empresarial no marco da Iniciativa Estratéxica en Seguridade, Defensa e Aeroespazo 2025-2030, impulsada pola Consellería de Economía e Industria.
O programa demostrou un forte impacto tanto económico como industrial en Galicia. Desde a súa posta en marcha no ano 2018, apoiou 58 proxectos, creou 15 novas empresas tecnolóxicas e promoveu o traslado a Galicia de 13 empresas e a creación de máis de 270 empregos cualificados. Os proxectos da 5ª e 6ª edición captaron máis de 14 millóns de euros de investimento.
A Business Factory Aero (BFAero), a incubadora e aceleradora de empresas promovida pola Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e XesGalicia, lanza a súa 7ª edición. O programa impulsa servizos e tecnoloxías innovadoras para os sectores aeronáutico, aeroespacial e de vehículos non tripulados, atraendo novos investimentos e fortalecendo así o ecosistema empresarial de Galicia.
Aspectosdiferenciais de BFAero
A 7ª edición de BFAero conta cunha serie de aspectos clave que a converten nunha aceleradora única dentro do sector aeronáutico e aeroespacial. O seu enfoque especializado, os recursos dispoñibles e a súa conexión co mercado global diferénciana doutras iniciativas similares, ofrecendo a emprendedores unha contorna ideal para o desenvolvemento e consolidación dos seus proxectos.
Os seus principais aspectos diferenciais son:
1.Vertical aeronáutica e aeroespacial que ofrece unha contorna adaptada con mentores, recursos e sinerxias entre proxectos.
2. Enfoque a mercado, os proxectos oriéntanse a resolver problemas reais do sector, o que lles permite atopar unha saída comercial.
3. Amplo catálogo de medios e recursos avanzados, que facilitan o desenvolvemento áxil de solucións tecnolóxicas.
4. Respaldo dun ecosistema aberto de innovación. A colaboración con axentes públicos e privados no sector aeroespacial e os vehículos non tripulados, favorece as sinerxias entre os proxectos e as institucións.
5. Apoio ao ciclo completo dos proxectos de emprendemento. BFAero ofrece tres modalidades de apoio (incubación, aceleración e consolidación), cubrindo todas as etapas do emprendemento, desde a ideación ata a consolidación do negocio.
6. Alcance internacional. Recibe proxectos de todo o mundo e apoia a súa internacionalización, axudando a acceder a mercados globais.
7. Atracción de inversión. Fomenta o achegamento dos proxectos a entidades de investimento públicas e privadas, que poidan achegarlles capacidades de desenvolvemento adicionais, así como acceso a relacións de colaboración e a novos mercados.
Que ofrece a 7ª Edición?
BFAero ofrece aos proxectos mentores expertos en áreas como aeronáutica, normativa UAV, propiedade intelectual, xestión empresarial ou márketing para transformar startups en empresas innovadoras, viables e escalables dentro do sector aeronáutico e aeroespacial.
A aceleradora ofrece aos participantes un ecosistema único con formación especializada, asesoramento experto, networking, acceso a investidores e espazos de traballo no Pazo de Feiras de Lugo, preto do aeródromo de Rozas e o Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (CIAR). Ademais, proporciona apoio financeiro a través de subvencións, préstamos participativos e posibles investimentos en capital, garantindo así o crecemento sostible dos proxectos.
O programa tamén prestará asesoramento personalizado e adaptado a cada proxecto mediante titorías técnicas e de xestión, colaboracións no sector e visibilidade e difusión en medios de comunicación e redes sociais, así como a través dos diferentes actos e eventos organizados no marco do programa.
Impacto económico e industrial da mellor aceleradora de España
BFAero, mellor aceleradora de España por segundo ano consecutivo segundo a clasificación de Funcas demostrou un forte impacto tanto económico como industrial en Galicia. Xestionada pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo (FCEL), desde a súa posta en marcha no ano 2018, apoiou 58 proxectos, creou 15 novas empresas tecnolóxicas e promoveu o traslado a Galicia de 13 empresas mobilizando máis de 9,2 millóns de euros en investimento, e facilitando a creación de máis de 230 empregos cualificados. A sexta edición pechou a convocatoria cun récord de 110 iniciativas rexistradas, das que un 57% proceden de emprendedores nacionais e internacionais.
Galicia consolidouse como un dos principais polos de innovación no sector aeroespacial no Estado, cun ecosistema dinámico que integran máis de 55 entidades públicas e privadas, entre empresas tractoras, universidades e centros de investigación, empresas do sector e investidores, unidas para impulsar solucións tecnolóxicas que respondan os retos desta industria e da sociedade.
Recentemente, a Consellería de Economía e Industria puxo en marcha unha Iniciativa Estratéxica en Seguridade, Defensa e Aeroespazo 2025-2030 en colaboración con todo o sector, co obxectivo de impulsar o ecosistema actual e fortalecer as capacidades produtivas que Galicia ten neste ámbito. A BFAero enmárcase nesta estratexia como panca para a creación e aceleración de novas empresas.
Itinerarios e financiamento
O programa conta con 3 itinerarios, adaptados ao grao de madurez de cada proxecto. Incubación, para a fase temperá, sen unha proposta de valor validada cunha duración de ata 12 meses. Aceleración, dirixida a proxectos cun Produto Mínimo Viable (PMV) desenvolvido e que están a realizar as súas primeiras vendas, durante 8 meses. E Consolidación, modalidade deseñada para empresas cun produto ou servizo definido e vendas reais, que buscan escalar o seu negocio, cunha duración de ata 6 meses.
Na fase de Incubación as startups terán acceso a un financiamento de ata 40.000 euros a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) a fondo perdido. Os proxectos en Aceleración contarán cun financiamento do Igape de ata 60.000 euros a fondo perdido e a posibilidade dunha participación en capital mediante un préstamo participativo de ata 50.000 euros, con opción a capitalización a través de Xesgalicia, o vehículo investidor da Xunta de Galicia.
As empresas en fase de Consolidación poderán acceder a ata 30.000 euros a través do Igape a fondo perdido. No caso de que a empresa así o solicite, e no marco dunha rolda de financiamento, poderase valorar unha participación directa no capital da compañía de ata 250.000 euros.
Calendario e fases do programa
A 7ª edición de BFAero segue un calendario estruturado en distintas fases crave, comezando con a convocatoria e o proceso de inscrición, que estará aberto ata o 30 de outubro de 2025. Só serán consideradas aquelas solicitudes enviadas seguindo as bases, dentro do prazo e a través da canle adecuada, e que cubrisen integramente a totalidade do cuestionario. Tras o peche de inscricións, iniciarase a fase de selección, na que se avaliarán as candidaturas e elixiranse os proxectos que ingresarán no programa.
Os seleccionados pasarán a a fase de ingreso, na que dispoñerán de 1 mes para achegar a documentación que se lles requira, asinar os acordos debidos e realizar outros trámites relacionados coa súa entrada en BFAero. Unha vez formalizado o seu acceso, comezarán as fases de incubación, aceleración e consolidación.
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional
Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.