A Escola de Organización Industrial (EOI), en colaboración coa Xunta de Galicia, ofrece o seu Programa Executivo en Industria de Defensa (Galicia), unha formación orientada a profesionais, directivos e empresas que queiran reforzar as súas capacidades nun dos sectores estratéxicos con maior potencial de crecemento. Esta iniciativa enmárcase dentro da aposta da Xunta por consolidar a Galicia como un territorio con capacidades industriais e empresariais reforzadas para acceder ao mercado da seguridade e a defensa.
O prazo de inscrición finaliza hoxe, 23 de marzo, e a formación dará comezo o 17 de abril en formato semipresencial, cunha duración total de 128 horas.
Que aprenderás no programa?
O programa está estruturado en catro bloques temáticos clave, pensados para ofrecer unha visión completa do ecosistema da industria de defensa e as súas oportunidades:
Ecosistema e estrutura do sector. Entender como está organizado o sector de defensa, os seus actores públicos e privados, e os mecanismos de gobernanza.
Instrumentos de financiamento e oportunidades de negocio. Coñecer os principais mecanismos de financiamento e modelos de acceso a contratos e programas estratéxicos.
Xestión de programas e contratos. Ferramentas operativas para xestionar contratos e proxectos dentro dunha contorna altamente regulada.
Innovación e colaboración empresarial. Casos prácticos e estratexias para fomentar a innovación, cooperación e crecemento empresarial no sector.
Panel docente de alto nivel
O Programa Executivo conta con expertos profesionais do sector institucional e empresarial, con ampla experiencia en defensa, financiamento e xestión de programas. A participación destes docentes achega un enfoque práctico e actualizado que facilita a comprensión dos retos e oportunidades reais no sector.
Como inscribirse
As empresas e profesionais interesados deben presentar a súa solicitude a través da landing do programa.
O prezo total do programa é de 4.400 €, e grazas ao apoio da Xunta de Galicia, o importe bonificado a abonar polo participante é de 660 €.
As empresas vinculadas ao ecosistema BFAero poderán beneficiarse de condicións especiais na matrícula, reforzando o acceso a esta formación estratéxica.
Formación clave para o crecemento empresarial
Este programa representa unha oportunidade única para empresas e profesionais do sector aeroespacial e tecnolóxico que desexen mellorar as súas capacidades, ampliar a súa rede e acceder a novas oportunidades de negocio na industria da defensa. Aproveita o último día para rexistrarte e formar parte desta iniciativa estratéxica.
O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 13 de maio ás 14:00 h, ou ata o esgotamento do crédito dispoñible. A tramitación debe realizarse de forma electrónica a través do procedemento IN519G.
Facilitar o acceso á cadea de subministración en defensa e seguridade
A convocatoria ten como obxectivo apoiar ás empresas galegas na implementación de accións crave para o seu posicionamento nos ámbitos da defensa e a seguridade. En concreto, financia actuacións como:
A primeira inscrición no Rexistro de Empresas da Dirección Xeral de Armamento e Material (DGAM).
A elaboración de propostas técnicas para participar en convocatorias nacionais ou europeas de defensa.
A homologación técnica de sistemas e produtos, mediante ensaios e probas en laboratorios acreditados.
A tramitación de habilitacións e autorizacións de seguridade ante o CNI, tanto de empresa (HSEM) como de establecemento (HSES).
A implantación de sistemas de xestión de calidade conforme a normas PECAL/AQAP, incluíndo consultoría e certificación.
O obxectivo final é preparar ás empresas galegas para avanzar ou diversificarse ata converterse en subministradoras de bens e servizos nos sectores de seguridade e defensa, facilitando a súa integración en programas industriais estratéxicos.
Ata 75.000€ por beneficiario
A axuda concédese en réxime de concorrencia non competitiva e cobre ata o 80 % do importe subvencionable, cun máximo de 75.000 euros por beneficiario. O orzamento mínimo esixido por actuación é de 3.000 euros.
Entre os conceptos subvencionables inclúense servizos de asesoramento e consultoría especializada, asistencia técnica, ensaios e probas de laboratorio, auditorías e certificacións en normas específicas, formación obrigatoria e taxas públicas.
Ademais, poderase solicitar un anticipo de ata o 25 % da subvención concedida, previa constitución de garantía. Os gastos poderán executarse ata novembro de 2026 ou ata outubro de 2027, segundo a anualidade correspondente.
Poderán beneficiarse empresas privadas con personalidade xurídica que desenvolvan actividade económica e dispoñan de centro de traballo en Galicia, sempre que inicien os pasos necesarios para a súa diversificación en materia de defensa e seguridade mediante as certificacións, homologacións ou habilitacións esixidas.
Neste contexto, a Guía de Certificacións en Seguridade, Defensa e Aeroespacio 2026 convértese nunha ferramenta complementaria clave. O documento permite comprender o papel das certificacións nos distintos elos da cadea de valor e facilita a planificación estratéxica das empresas que queiran acollerse á axuda IN519G, ofrecendo unha visión clara sobre requisitos, estándares e relacións entre normativas.
Oportunidade estratéxica para o ecosistema BFAero
Para as startups e empresas vinculadas á Business Factory Aero (BFAero), esta convocatoria representa unha oportunidade estratéxica para reforzar o seu posicionamento competitivo e avanzar en procesos de certificación e homologación imprescindibles en sectores de alta esixencia tecnolóxica.
A apertura da axuda IN519G e a dispoñibilidade de ferramentas como a Guía de Certificacións consolidan así unha contorna favorable para que o ecosistema galego continúe crecendo e posicionándose como referente en seguridade, defensa e aeroespacio.
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional
Sempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.