Business Factory Aero lanza a súa 7ª edición para apoiar a emprendedores do ámbito nacional e internacional

Business Factory Aero lanza a súa 7ª edición para apoiar a emprendedores do ámbito nacional e internacional

A Business Factory Aero (BFAero), a incubadora e aceleradora de empresas promovida pola Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e XesGalicia, lanza a súa 7ª edición. O programa impulsa servizos e tecnoloxías innovadoras para os sectores aeronáutico, aeroespacial e de vehículos non tripulados, atraendo novos investimentos e fortalecendo así o ecosistema empresarial de Galicia.

Aspectos diferenciais de BFAero

A 7ª edición de BFAero conta cunha serie de aspectos clave que a converten nunha aceleradora única dentro do sector aeronáutico e aeroespacial. O seu enfoque especializado, os recursos dispoñibles e a súa conexión co mercado global diferénciana doutras iniciativas similares, ofrecendo a emprendedores unha contorna ideal para o desenvolvemento e consolidación dos seus proxectos.

Os seus principais aspectos diferenciais son:

1. Vertical aeronáutica e aeroespacial que ofrece unha contorna adaptada con mentores, recursos e sinerxias entre proxectos.

2. Enfoque a mercado, os proxectos oriéntanse a resolver problemas reais do sector, o que lles permite atopar unha saída comercial.

3. Amplo catálogo de medios e recursos avanzados, que facilitan o desenvolvemento áxil de solucións tecnolóxicas.

4. Respaldo dun ecosistema aberto de innovación. A colaboración con axentes públicos e privados no sector aeroespacial e os vehículos non tripulados, favorece as sinerxias entre os proxectos e as institucións.

5. Apoio ao ciclo completo dos proxectos de emprendemento. BFAero ofrece tres modalidades de apoio (incubación, aceleración e consolidación), cubrindo todas as etapas do emprendemento, desde a ideación ata a consolidación do negocio.

6. Alcance internacional. Recibe proxectos de todo o mundo e apoia a súa internacionalización, axudando a acceder a mercados globais.

7. Atracción de inversión. Fomenta o achegamento dos proxectos a entidades de investimento públicas e privadas, que poidan achegarlles capacidades de desenvolvemento adicionais, así como acceso a relacións de colaboración e a novos mercados.

Que ofrece a 7ª Edición?

BFAero ofrece aos proxectos mentores expertos en áreas como aeronáutica, normativa UAV, propiedade intelectual, xestión empresarial ou márketing para transformar startups en empresas innovadoras, viables e escalables dentro do sector aeronáutico e aeroespacial.

A aceleradora ofrece aos participantes un ecosistema único con formación especializada, asesoramento experto, networking, acceso a investidores e espazos de traballo no Pazo de Feiras de Lugo, preto do aeródromo de Rozas e o Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (CIAR).  Ademais, proporciona apoio financeiro a través de subvencións, préstamos participativos e posibles investimentos en capital, garantindo así o crecemento sostible dos proxectos.

O programa tamén prestará asesoramento personalizado e adaptado a cada proxecto mediante titorías técnicas e de xestióncolaboracións no sector e visibilidade e difusión en medios de comunicación e redes sociais, así como a través dos diferentes actos e eventos organizados no marco do programa.

Impacto económico e industrial da mellor aceleradora de España

BFAero, mellor aceleradora de España por segundo ano consecutivo segundo a clasificación de Funcas demostrou un forte impacto tanto económico como industrial en Galicia. Xestionada pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo (FCEL), desde a súa posta en marcha no ano 2018, apoiou 58 proxectos, creou 15 novas empresas tecnolóxicas e promoveu o traslado a Galicia de 13 empresas mobilizando máis de 9,2 millóns de euros en investimento, e facilitando a creación de máis de 230 empregos cualificados. A sexta edición pechou a convocatoria cun récord de 110 iniciativas rexistradas, das que un 57% proceden de emprendedores nacionais e internacionais.

Galicia consolidouse como un dos principais polos de innovación no sector aeroespacial no Estado, cun ecosistema dinámico que integran máis de 55 entidades públicas e privadas, entre empresas tractoras, universidades e centros de investigación, empresas do sector e investidores, unidas para impulsar solucións tecnolóxicas que respondan os retos desta industria e da sociedade.

Recentemente, a Consellería de Economía e Industria puxo en marcha unha Iniciativa Estratéxica en Seguridade, Defensa e Aeroespazo 2025-2030 en colaboración con todo o sector, co obxectivo de impulsar o ecosistema actual e fortalecer as capacidades produtivas que Galicia ten neste ámbito. A BFAero enmárcase nesta estratexia como panca para a creación e aceleración de novas empresas.

Itinerarios e financiamento

O programa conta con 3 itinerarios, adaptados ao grao de madurez de cada proxecto. Incubación, para a fase temperá, sen unha proposta de valor validada cunha duración de ata 12 meses. Aceleración, dirixida a proxectos cun Produto Mínimo Viable (PMV) desenvolvido e que están a realizar as súas primeiras vendas, durante 8 meses. E Consolidación, modalidade deseñada para empresas cun produto ou servizo definido e vendas reais, que buscan escalar o seu negocio, cunha duración de ata 6 meses.

Na fase de Incubación as startups terán acceso a un financiamento de ata 40.000 euros a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) a fondo perdido. Os proxectos en Aceleración contarán cun financiamento do Igape de ata 60.000 euros a fondo perdido e a posibilidade dunha participación en capital mediante un préstamo participativo de ata 50.000 euros, con opción a capitalización a través de Xesgalicia, o vehículo investidor da Xunta de Galicia.

As empresas en fase de Consolidación poderán acceder a ata 30.000 euros a través do Igape a fondo perdido. No caso de que a empresa así o solicite, e no marco dunha rolda de financiamento, poderase valorar unha participación directa no capital da compañía de ata 250.000 euros.

Calendario e fases do programa

A 7ª edición de BFAero segue un calendario estruturado en distintas fases crave, comezando con a convocatoria e o proceso de inscrición, que estará aberto ata o 30 de outubro de 2025. Só serán consideradas aquelas solicitudes enviadas seguindo as bases, dentro do prazo e a través da canle adecuada,  e que cubrisen integramente a totalidade do cuestionario. Tras o peche de inscricións, iniciarase a fase de selección, na que se avaliarán as candidaturas e elixiranse os proxectos que ingresarán no programa.

Os seleccionados pasarán a a fase de ingreso, na que dispoñerán de 1 mes para achegar a documentación que se lles requira, asinar os acordos debidos e realizar outros trámites relacionados coa súa entrada en BFAero. Unha vez formalizado o seu acceso, comezarán as fases de incubación, aceleración e consolidación.

Kreios Space pecha unha rolda semente de 8 millóns de euros e reforza o papel de Galicia como polo aeroespacial europeo

Kreios Space pecha unha rolda semente de 8 millóns de euros e reforza o papel de Galicia como polo aeroespacial europeo

A startup participante na BFAero, Kreios Space, fundada en 2021 e especializada en satélites de moi baixa órbita (VLEO, polas súas siglas en inglés), pechou unha rolda de investimento semente sobresuscrita de 8 millóns de euros. Liderada por NATO Innovation Fund (fondo de innovación da OTAN) e por Join Capital, convértese na maior rolda de financiamento europeo de tecnoloxías VLEO. A operación tamén contou co respaldo de investidores que xa apoiaran á compañía na súa rolda pre-semente de 2024, entre eles Xesgalicia, Grow Venture Partners e Tasivia Global.

Trátase do primeiro investimento do fondo da OTAN nunha empresa española, un fito que sitúa a Galicia no mapa da innovación aeroespacial europea e reforza a súa aposta estratéxica pola defensa e a seguridade como motor de emprego cualificado. Isto supón un recoñecemento á estratexia que a Comunidade Autónoma impulsou nos últimos anos para consolidarse como hub de innovación aeroespacial en Europa. Iniciativas da Xunta de Galicia como a BFAero ou os apoios do IGAPE ao novo centro de probas en baleiro, así como o talento da Universidade de Vigo, son pezas crave nun ecosistema que xa compite a nivel internacional.

Fundada en 2021 por Adrián Senar, Jan Mataró, Francisco Boira, Adrià Barceló, Max Amer e Francisco Bosch, Kreios desenvolve satélites que orbitan máis baixo do normal, en VLEO, impulsados polo seu sistema de propulsión propio. Este sistema, baseado na tecnoloxía ABEP (Air-Breathing Electric Propulsion), permite operar a uns 200 quilómetros da Terra, unha altitude que antes se consideraba imposible debido á resistencia atmosférica. Utilizando o propio aire atmosférico como combustible, os satélites de Kreios poden permanecer en órbita durante anos en lugar de días, desbloqueando unha rexión espacial con enormes implicacións para a defensa, a conectividade e a soberanía.

Os satélites VLEO capturan imaxes cunha resolución tres veces superior á dos satélites actuais, ofrecendo beneficios en aplicacións que van desde a detección de incendios ata a protección de infraestruturas críticas. A súa proximidade á Terra tamén permite comunicacións de banda ancha directas ao dispositivo sen antenas voluminosas, facilitando así o camiño para unha conectividade verdadeiramente global e resiliente. Para Europa e a OTAN, o control desta tecnoloxía fortalece a independencia operativa, reduce a dependencia a Estados Unidos e apoia as ambicións de desenvolver capacidades espaciais soberanas. Desde Vigo, Kreios Space aspira a ser a primeira empresa capaz de manter satélites en VLEO de forma indefinida.

Galicia no mapa internacional do espazo
Kreios Space, conta actualmente con 17 empregados, dos cales a metade son galegos, algúns deles retornados tras desenvolver as súas carreiras fóra. O 80% das contratacións corresponden a enxeñeiros e técnicos altamente cualificados, e a compañía ten abertos sete postos máis en Vigo.

O papel e o apoio institucional da Xunta de Galicia foron determinantes para o I+D de Kreios Space. Adrián Senar, CEO e cofundador de Kreios Space, destaca: “Xesgalicia foi un actor crave para o noso crecemento. Ademais de ser un dos primeiros investidores en Kreios, abriunos a porta ao ecosistema público e de innovación galego. Grazas a ese apoio, que comezou coa aceleradora BFAero, esencial para nós, trasladámonos a Vigo e hoxe temos aquí todo o noso centro de desenvolvemento tecnolóxico. Esta rolda non só valida a nosa tecnoloxía, tamén demostra que Galicia conta co talento, as capacidades e o apoio institucional necesarios para converterse en referente mundial no sector aeroespacial”.

A compañía recalca o apoio do IGAPE, que cofinanciou a cámara de baleiro implantada nas súas instalacións. Esta infraestrutura permite realizar probas de satélites e iteracións a diario, acelerando o desenvolvemento da tecnoloxía e reducindo prazos de anos a semanas. Ademais, está dispoñible para outras empresas que necesiten validar proxectos en condicións sen carga, converténdose nun gran recurso para o ecosistema rexional.

De igual modo, as universidades galegas son un socio estratéxico para Kreios. Especialmente a Universidade de Vigo, coa que mantén programas de prácticas, contratos conxuntos de desenvolvemento en execución como o Proxecto Ícaro da Axencia Espacial Española para a detección e prevención de incendios vía satélite, ademais dunha colaboración constante para captar e formar talento.

Galicia leva moito tempo apostando polo sector espacial, tendo empresas punteiras como Alén Space e UARX. Este fito é unha mostra máis de que o polo aeroespacial galego estase posicionado como un actor crave a nivel internacional”, subliña Senar.

A rolda, sumada aos 2,3 millóns de euros recadados en 2024, financiará os dous primeiros satélites de proba da compañía, incluíndo a primeira demostración en órbita do mundo dun motor ABEP. A partir de aí, Kreios expandirase cara ao despregamento comercial e o desenvolvemento de constelacións dedicadas á observación da Terra e as comunicacións directas aos teléfonos.

A Xunta visita Vig-Sec Drone, un exemplo de modelo viable, innovador e con futuro para Galicia

A Xunta visita Vig-Sec Drone, un exemplo de modelo viable, innovador e con futuro para Galicia

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, puxo en valor o papel das startups como un modelo viable, innovador e con futuro para Galicia, e subliñou o compromiso da Xunta para reforzar o seu apoio desde todos os ámbitos institucionais.


Lorenzana, visitou en Nigrán as instalacións da empresa Vig-Sec Drone, unha startup especializada en servizos operativos con drons, instrución de pilotos que requiren de capacidades especiais, e desenvolvemento de software para a xestión de operacións de apoio á seguridade e ás emerxencias. Durante a visita destacou que o Goberno galego está a traballar man a man co sector privado para facer realidade proxectos que transformen a industria galega.


Vig-Sec Drone uniuse a Business Factory Aero en 2023 para o impulso do Suit ACRE (Área de Control Restrinxido de Emerxencias), a través do itinerario de aceleración. Trátase dun software de xestión do espazo aéreo que permite o uso simultáneo de aeronaves tripuladas e non tripuladas en casos de emerxencias como poden ser incendios, catástrofes naturais ou en intervencións militares.


Na actualidade, a compañía participa na sexta edición de BFAero, no itinerario de consolidación.

 

A Xunta prevé convocar a finais de ano a socios estratéxicos en seguridade, defensa e aeroespacio para definir investimentos

A Xunta prevé convocar a finais de ano a socios estratéxicos en seguridade, defensa e aeroespacio para definir investimentos

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, anunciou durante a xornada “Diálogo estratéxico de Galicia cos sectores aeroespacial, de seguridade e defensa”, a intención da Xunta de realizar a finais de 2025 a primeira convocatoria que definirá que empresas e centros tecnolóxicos traballarán de forma conxunta para impulsar esta industria, así como os programas de investimento que se van a executar no próximos cinco anos.

Lorenzana clausurou un encontro con empresas e entidades vinculadas a estes sectores aos que presentou a estratexia aprobada pola Xunta para abrir un proceso de diálogo estratéxico, co obxectivo de coñecer de primeira man necesidades reais a curto, medio e longo prazo para adecuar os instrumentos de apoio e investimento e poder así obter os mellores resultados que permitan impulsar na Comunidade unha industria de seguridade e defensa que englobe, tamén, o sector do aeroespacio.

Potencial industrial

A conselleira apuntou que o obxectivo é mobilizar todo o potencial industrial e tecnolóxico de Galicia no campo da defensa e as tecnoloxías de aplicación dual e xerar unha demanda importante de produtos, sistemas e servizos, seguindo as prioridades marcadas por Europa. “O que nos pide a Comisión Europea a gobernos e administracións é que traballemos en xerar unha base industrial forte ao redor do sector da defensa, que ten que pasar a considerarse non un gasto produtivo senón un investimento estratéxico” sinalou.

Respecto diso, destacou que as análises previas que se realizaron para a elaboración desta estratexia conclúen que Galicia ten capacidade alta para a fabricación do 75% das tipoloxías de compoñentes e servizos que se requiren, “o cal dá unha idea das oportunidades que terán as nosas empresas”, resaltou.

183M€ en cinco anos

Para iso, precisou que se van a destinar 183 millóns de euros nos próximos cinco anos coa previsión de mobilizar ata 900 millóns de euros, e co obxectivo de atraer cara a estes segmentos de actividade empresas doutros ámbitos estratéxicos como o naval, a automoción, o metal ou as TIC e materializar novos investimentos industriais.

A colaboración público-privada, dixo, vai ser clave. Así, a Xunta vai poñer en marcha convocatorias públicas de Compra Pública Precomercial, seguindo o mesmo modelo que se empregou para o sector aeroespacial, que foi pioneiro en España: os acordos de asociación. Tamén se crearán consorcios de empresas e centros tecnolóxicos e publicarase leste mesmo ano unha primeira convocatoria de axudas específica para facilitar a incorporación de novas empresas ao sector.

Xa no plano do financiamento, activarase un Fondo de Investimento en Tecnoloxías Duais en XesGalicia (40 M€) para apoiar proxectos e, dentro da Oficina Económica do Igape, crearase unha área específica de asesoramento empresarial.

Lorenzana concluíu animando ás empresas e centros de coñecemento a que participen activamente. “Cremos que Galicia está realmente posicionada para poder ser obxectivo de atracción de investimentos neste sector”, subliñou.

A Xunta reforza o seu apoio ao emprendemento aeroespacial con novas canles de colaboración

A Xunta reforza o seu apoio ao emprendemento aeroespacial con novas canles de colaboración

A directora do Igape, Covadonga Toca, xunto coas startups seleccionadas na sexta edición da Business Factory Aero (BFAero) e as empresas tractoras, celebraron unha reunión de traballo na Cidade da Cultura que permitiu detectar necesidades e abrir novas vías de colaboración.

Ademais, durante o encontro, representantes das empresas Airbus, Avincis, Telespazio e a UTE Aertec-Tecnobit que forman parte do ecosistema, explicaron cales son os retos aos que se enfronta o sector e as liñas de innovación nas que enfocan os seus recursos, co obxectivo de estudar posibles sinerxias coas startups.

A sexta edición da BFAero, programa impulsado pola Xunta de Galicia para apoiar o emprendemento no sector aeroespacial, aeronáutico e de vehículos non tripulados, vai impulsar 12 proxectos. Na fase de incubación iniciaron a súa formación C5 Airtech, DroneSilencer, PLENO GmbH y 3Top. En fase de aceleración as propostas de Dronomy, Slimop Spacce, BirdStrikeDrone, Next Generation Airtpirt SolutionsValar Space e, na fase de consolidación, Kreios Space, Vig-Seg Drone y Arzeos Aircraf.

Covadonga Toca nun momento da súa intervención

Apoio startups e proxectos estratéxicos

Covadonga Toca presentou os servizos da Oficina Económica de Galicia, un punto de contacto áxil e personalizado que ofrece atención técnica especializada, apoio operativo e acompañamento estratéxico nunha contorna de proximidade e confianza, especialmente útil para sectores de alta innovación como o aeroespacial.

Así mesmo, a directora do Igape explicou as principais liñas de axuda activadas este ano polo Instituto, destacando os programas dirixidos a startups, os préstamos directos a proxectos estratéxicos, os apoios á transformación dixital ou as novas ferramentas para impulsar a saída ao exterior das empresas galegas.

A xornada concluíu cun espazo de networking no que os representantes das startups puideron compartir en primeira persoa as súas propostas e inquietudes con responsables do Igape e empresas do sector.

Impacto BFAero

A BFAero, mellor aceleradora de España por segundo ano consecutivo, demostrou nestes anos un forte impacto tanto económico como industrial en Galicia. Desde a súa posta en marcha no ano 2018, apoiou 46 proxectos, contribuíndo á creación de 11 novas empresas tecnolóxicas, mobilizando máis de 7,5 millóns de euros en investimento, e facilitando a creación de máis de 220 empregos cualificados. A sexta edición pechou a convocatoria cun récord de 110 iniciativas rexistradas, das que un 57% proceden de emprendedores nacionais e internacionais.

Galicia consolídase así como un dos principais polos de innovación no sector aeroespacial no Estado, cun ecosistema dinámico que integra más de 55 entidades públicas y privadas, todas elas unidas para impulsar solucións tecnolóxicas que respondan os retos da industria e da sociedade.