Kreios Space, Airbus, Telespazio, Avincise Tecnobit participaron nas diferentes xornadas do programa impulsado pola Xunta de Galicia, para achegar o sector aeroespacial á mocidade e ao tecido industrial galego.
A Semana Mundial do Espazo celebrouse do 7 ao 10 de outubro en Galicia cun completo programa de actividades promovido pola Consellería de Economía e Industria, no marco da Iniciativa Estratéxica en Seguridade, Defensa e Aeroespacio. Por primeira vez, a comunidade organizou un programa propio aberto ao público, en liña co lema internacional deste ano: “Vivir no espazo”.
Impulso ao talento e á innovación Durante as diferentes xornadas, desenvoltas nos campus universitarios de Lugo, Santiago, Vigo, Nigrán e Ourense, abordáronse as oportunidades que o sector aeroespacial ofrece en ámbitos como a investigación, a enxeñería ou o emprendemento tecnolóxico.
A startup Kreios Space, participante na aceleradora BFAero, compartiu a súa experiencia no ámbito do emprendemento deep-tech e os motores satelitales durante unha sesión na Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela.
Pola súa banda, as empresas tractoras de BFAero —Airbus, Telespazio, Avincis e Tecnobit— tiveron un papel destacado en diferentes encontros, achegando ao público os seus proxectos e tecnoloxías punteiras en comunicacións espaciais, defensa, sistemas de navegación ou solucións con drons.
Un espazo para inspirar vocacións O programa incluíu charlas técnicas, mesas redondas, un hackatón e talleres divulgativos nos que participaron estudantes de ESO, Bacharelato, FP e universidade. Estas actividades permitiron descubrir como a exploración espacial contribúe ao progreso científico e tecnolóxico, así como á mellora da vida na Terra.
A Semana Mundial do Espazo serviu ademais para fortalecer a conexión entre universidades, administracións e empresas, e para visibilizar o potencial de Galicia como territorio emerxente no ámbito aeroespacial.
BFAero, motor do ecosistema aeroespacial galego A participación de startups e empresas vinculadas a BFAero nesta cita reforza o papel da Business Factory Aero como eixo vertebrador do ecosistema aeroespacial galego, impulsando a innovación, o talento e a colaboración público-privada ao redor dun sector estratéxico para o futuro de Galicia.
A directora do Igape, Covadonga Toca, xunto coas startups seleccionadas na sexta edición da Business Factory Aero (BFAero) e as empresas tractoras, celebraron unha reunión de traballo na Cidade da Cultura que permitiu detectar necesidades e abrir novas vías de colaboración.
Ademais, durante o encontro, representantes das empresas Airbus, Avincis, Telespazio e a UTE Aertec-Tecnobit que forman parte do ecosistema, explicaron cales son os retos aos que se enfronta o sector e as liñas de innovación nas que enfocan os seus recursos, co obxectivo de estudar posibles sinerxias coas startups.
Covadonga Toca presentou os servizos da Oficina Económica de Galicia, un punto de contacto áxil e personalizado que ofrece atención técnica especializada, apoio operativo e acompañamento estratéxico nunha contorna de proximidade e confianza, especialmente útil para sectores de alta innovación como o aeroespacial.
Así mesmo, a directora do Igape explicou as principais liñas de axuda activadas este ano polo Instituto, destacando os programas dirixidos a startups, os préstamos directos a proxectos estratéxicos, os apoios á transformación dixital ou as novas ferramentas para impulsar a saída ao exterior das empresas galegas.
A xornada concluíu cun espazo de networking no que os representantes das startups puideron compartir en primeira persoa as súas propostas e inquietudes con responsables do Igape e empresas do sector.
Impacto BFAero
A BFAero,mellor aceleradora de España por segundo ano consecutivo, demostrou nestes anos un forte impacto tanto económico como industrial en Galicia. Desde a súa posta en marcha no ano 2018, apoiou 46 proxectos, contribuíndo á creación de 11 novas empresas tecnolóxicas, mobilizando máis de 7,5 millóns de euros en investimento, e facilitando a creación de máis de 220 empregos cualificados. A sexta edición pechou a convocatoria cun récord de 110 iniciativas rexistradas, das que un 57% proceden de emprendedores nacionais e internacionais.
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional
Sempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.