A Business Factory Aero (BFAero) participou no XIX Encontro Ibérico de Parques Científicos e Tecnolóxicos, celebrado en Tecnópole (Ourense), que reuniu a representantes dos ecosistemas de innovación de España e Portugal para fomentar a colaboración e explorar novas oportunidades en ámbitos estratéxicos como o aeroespacial, a intelixencia artificial, a seguridade e defensa e a ciberseguridade.
A xornada puxo o foco no papel da innovación e a cooperación entre empresas, centros tecnolóxicos, parques científicos e institucións para impulsar o desenvolvemento de sectores estratéxicos. Entre as actividades do encontro celebrouse unha mesa redonda sobre o sector aeroespacial, moderada por Luis García Santalla, presidente da Fundación CEL-Aceleradora BFAero.
O sector aeroespacial, protagonista da cooperación
A mesa redonda permitiu intercambiar perspectivas sobre os retos e oportunidades do sector aeroespacial, así como sobre a importancia de conectar empresas, entidades de apoio ao emprendemento e organismos de innovación para favorecer o desenvolvemento de novas iniciativas e xerar oportunidades de colaboración.
No debate participaron Jan Mataró, CTO e cofundador de Kreios Space; Miguel Ladrón de Cegama, director de MLC Consulting e de contidos de EDOS; Carmen Verdejo, directora do Departamento de Innovación e Emprendemento de ICECYL; e Jorge Pimenta, director de Innovación de IPN Coimbra, incubadora de AESA. Os seus perfís, vinculados os ámbitos empresarial, tecnolóxico e institucional, achegaron distintas perspectivas sobre o ecosistema aeroespacial.
Galicia, unha contorna estratéxica para a innovación aeroespacial
A celebración do XIX Encontro Ibérico en Galicia enmárcase no impulso da comunidade ás tecnoloxías estraégicas, a través da Iniciativa Estratéxica de Seguridade, Defensa e Aeroespacio 2025-2030, e na súa traxectoria de colaboración con Portugal en proxectos de I+D+i.
Ourense e Tecnópole ofrecen unha contorna especialmente favorable para estas conexións, grazas á proximidade ao International Iberian Nanotechnology Laboratory (INL), en Braga; a previsión de que Tecnópole albergue o Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Galicia; e as capacidades do campus de Ourense da Universidade de Vigo en Enxeñería Aeroespacial, Intelixencia artificial e Enxeñería Informática.
Este contexto ofrece novas posibilidades para impulsar alianzas entre parques científicos e tecnolóxicos, empresas, institucións e talento de ambos os países, favorecendo o desenvolvemento de proxectos conxuntos en sectores estratéxicos.
A participación neste tipo de iniciativas permite a BFAero seguir fortalecendo os seus vínculos co ecosistema de innovación e emprendemento de España e Portugal, ampliando as oportunidades de colaboración e contribuíndo ao crecemento das startups e ao desenvolvemento do sector aeroespacial galego.
A tecnoloxía pode funcionar. Pero cal é o negocio? Con esta pregunta como punto de partida, os participantes da 7ª edición de Business Factory Aero (BFAero) participaron nunha nova xornada formativa celebrada na Escola de Enxeñería Aeronáutica e do Espazo da Universidade de Vigo, en Ourense.
A xornada reuniu a preto de 60 alumnos e aos proxectos Luxsit, ShareWing, Arzeos, DroneSilencer, Binarial e DroneCleaner, nun encontro centrado en dous aspectos fundamentais para calquera startup: entender como xestionar unha empresa e como transformar unha solución nun modelo de negocio viable.
Xestión empresarial para impulsar unha startup
A primeira parte da xornada estivo dedicada á formación “Claves da xestión empresarial orientada a startups”, na que os participantes puideron profundar nalgúns dos elementos esenciais para organizar, planificar e facer crecer un proxecto empresarial.
A sesión abordou aspectos relacionados coa dirección e o liderado, a estrutura organizativa, a xestión do talento e a comunicación organizacional, xunto con cuestións crave de planificación como o plan de negocio, o plan financeiro e as diferentes fontes de financiamento.
Tamén se traballaron ferramentas e criterios para o seguimento de resultados e a toma de decisións, a optimización de procesos, a coordinación de equipos e os principais aspectos legais que deben terse en conta no desenvolvemento dunha startup.
Un percorrido práctico polas distintas áreas da xestión empresarial que permitiu aos proxectos participantes poñer o foco non só na súa solución tecnolóxica, senón tamén nas estruturas e decisións necesarias para convertela nunha empresa sostible.
Da tecnoloxía ao modelo de negocio
Un dos momentos salientables da xornada foi a sesión “Business Model Generation for Engineers”, impartida por Daniel Franco, Business Innovation Manager en Airbus, no marco da colaboración de Airbus con BFAero.
A formación abordou de forma práctica como transformar unha solución tecnolóxica nun modelo de negocio viable: entender o cliente, definir a proposta de valor e identificar quen utiliza a solución, quen toma a decisión e quen paga por ela.
A través de ferramentas como o Business Model Canvas, os participantes puideron traballar de forma interactiva sobre os diferentes elementos que compoñen un modelo de negocio e reflexionar sobre como encaixar unha proposta tecnolóxica coas necesidades reais do mercado.
A sesión espertou un gran interese tanto entre as startups participantes como entre o alumnado, xerando un espazo de aprendizaxe e intercambio de experiencias ao redor da innovación e o emprendemento.
BFAero presenta a súa 8ª edición
A xornada tamén serviu para presentar o programa BFAero e anunciar oficialmente a apertura de candidaturas para a súa 8ª edición. Luis García Santalla, responsable do programa, foi o encargado de dar a coñecer a nova convocatoria e poñer en valor o acompañamento que ofrece BFAero aos proxectos vinculados ao sector aeroespacial.
Coa apertura desta nova edición, BFAero continúa impulsando o desenvolvemento de iniciativas innovadoras e facilitando aos emprendedores o acceso a formación, coñecemento especializado e conexións con empresas e axentes do ecosistema.
Un espazo para aprender, conectar e xerar oportunidades
A xornada finalizou cun espazo de networking entre os proxectos e entidades participantes, que permitiu compartir experiencias, xerar novos contactos e explorar posibles oportunidades de colaboración.
Este tipo de encontros forman parte do acompañamento que BFAero ofrece aos seus startups, combinando formación empresarial, coñecemento industrial e conexión co ecosistema para axudar aos proxectos para avanzar desde a tecnoloxía cara a modelos de negocio con potencial de crecemento.
A 8ª convocatoria de BFAero xa está aberta e, se estás a valorar presentar o teu proxecto, queremos axudarche a resolver todas as dúbidas que poidan xurdir durante o proceso.
Por iso, o próximo 15 de outubro, de 15.00 a 15.45 horas, celebraremos un webinar informativo en liña, no que repasaremos os principais aspectos da convocatoria e responderemos as preguntas dos proxectos e empresas interesadas.
Ademáis, contaremos coa participación de SLIMOP Space, proxecto que participou na 6ª edición de BFAero no itinerario de Aceleración e na 7ª edición en Consolidación, e que compartirá a súa experiencia e como o seu paso polo programa axudoulle a desenvolver e consolidar o seu proxecto.
Que atoparás no webinar?
Durante a sesión falaremos sobre que é Business Factory Aero (BFAero) e que ofrece ás startups, como formar parte desta nova edición e cales son os aspectos que se teñen en conta no proceso de selección.
Tamén ofreceremos unha guía práctica sobre os criterios de avaliación e o formulario de solicitude, para axudarche a preparar a túa candidatura, e reservaremos un espazo final para resolver dúbidas e preguntas.
Se estás a pensar en presentar a túa candidatura á 8ª convocatoria, este webinar será unha boa oportunidade para coñecer mellor o programa, descubrir de primeira man a experiencia dun proxecto que pasou por BFAero e aclarar calquera cuestión antes de presentar a túa candidatura.
Lembra que o prazo para presentar candidaturas finaliza o 30 de outubro de 2026.
BFAero: unha oportunidade para impulsar o teu proxecto
A través dos seus diferentes itinerarios, BFAero ofrece financiamento, acompañamento especializado, conexión coa industria e oportunidades de crecemento para proxectos aeroespaciais, aeronáuticos e de vehículos non tripulados.
Desde 2019, os proxectos que pasaron por BFAero conseguiron máis de 28 M€ de volume de negocio e 16 M€ de investimento captado.
Se tes un proxecto innovador e queres dar o seguinte paso, esperámoste o 15 de outubro.
Inscríbete e resolve as túas dúbidas sobre a 8ª convocatoria de BFAero!
La compañía gallega, que ha recorrido los itinerarios de Incubación, Aceleración y Consolidación de Business Factory Aero, ha obtenido la patente US 12,694,502 B1 para un sistema que combina drones, georreferenciación y visión artificial basada en inteligencia artificial para detectar y evaluar defectos en pavimentos.
Aguia Analítica Avanzada, empresa participante en Business Factory Aero (BFAero), obtivo nos Estados Unidos a patente US 12,694,502 B1 para a súa tecnoloxía de inspección e avaliación do estado de pavimentos.
A patente, concedida pola United States Patent and Trademark Office (USPTO) o 28 de xullo de 2026, protexe un sistema para inspeccionar o pavimento de estradas mediante a combinación de drons, captura de imaxes, geoposicionamiento, sensores e algoritmos de visión artificial baseados en intelixencia artificial.
El sistema permite detectar, localizar y medir defectos del pavimento a partir de las imágenes captadas desde el aire y utilizar esa información para evaluar su estado. De esta forma, la tecnología busca facilitar el procesamiento de grandes volúmenes de datos y automatizar parte de unas tareas de inspección que tradicionalmente requieren una elevada dedicación de recursos.
A concesión desta patente supón un recoñecemento ao desenvolvemento tecnolóxico de Aguia Analítica Avanzada e reforza a protección da súa tecnoloxía no mercado estadounidense nada e desenvolvida dentro do ecosistema tecnolóxico galego, alén de marcar un novo paso na proxección internacional da compañía e na súa aposta por aplicar a intelixencia artificial e os sistemas aéreos non tripulados á inspección e xestión de infraestruturas.
Da incubación á consolidación en BFAero
A traxectoria de Aguia Analítica Avanzada está estreitamente vinculada a BFAero. A empresa iniciou o seu percorrido na 4ª edición, dentro do itinerario de Incubación; avanzou posteriormente a Aceleración na 5ª edición e completou o seu paso polo programa en Consolidación durante a 6ª edición.
Este percorrido reflicte a maduración progresiva dunha tecnoloxía que avanzou desde as súas primeiras etapas de desenvolvemento ata alcanzar novos fitos tecnolóxicos e de protección da súa propiedade intelectual, como a recente concesión dunha patente nos Estados Unidos.
BFAero, impulso ao talento e a innovación aeroespacial
Business Factory Aero é o programa vertical de incubación, aceleración e consolidación de proxectos dos sectores aeronáutico, aeroespacial e de vehículos non tripulados promovido pola Xunta de Galicia, a través de IGAPE e XesGalicia, e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo.
Desde a súa posta en marcha, BFAero apoiou 68 proxectos correspondentes a 49 empresas, máis do 80% das cales continúan activas. Estas compañías xeran 320 empregos e máis de 28 millóns de euros de facturación anual, e captaron 14 millóns de euros de investimento nos dous últimos anos.
A traxectoria de Aguia Analítica Avanzada e a obtención desta patente nos Estados Unidos reflicten así a capacidade dos proxectos vinculados a BFAero para desenvolver solucións tecnolóxicas avanzadas e levalas cara a novos mercados internacionais.
A 8.ª convocatoria de BFAero está aberta a novos proxectos e empresas que queiran desenvolver e escalar as súas solucións dentro deste ecosistema especializado.
A empresa galega Vig-Sec Drone, participante nos itinerarios de Aceleración da 5.ª edición e Consolidación da 6.ª edición da Business Factory Aero (BFAero), foi seleccionada pola aceleradora tecnolóxica DIANA (Defence Innovation Accelerator for the North Atlantic) para participar na súa fase Mission Track (fase orientada á adopción operacional), só 15 compañías da cohorte 2026, formada por 150 innovadores seleccionados entre máis de 3.600 propostas, accederon a esta nova fase do programa.
A compañía participa con Suite ACRE, unha plataforma tecnolóxica desenvolvida para a xestión e coordinación táctica do espazo aéreo de media e baixa cota, que permite integrar nunha mesma capa de coordinación a información procedente de drons propios, sistemas antidron (C-UAS) e outros medios aéreos.
Mission Track é a fase de continuación do programa de aceleración de NATO DIANA dirixida a tecnoloxías que demostraron un forte interese para a defensa e unha clara aliñación con necesidades operativas dos países aliados. O seu obxectivo é achegar as solucións seleccionadas á preparación operacional e facilitar vías para a súa adopción a escala.
As compañías seleccionadas poden acceder a ata 300.000 euros de financiamento contractual adicional de carácter non dilutivo, alén de continuar utilizando a rede de centros de probas de NATO DIANA e recibir apoio específico para avanzar nos seus procesos de adopción e escalado.
Validación en contornas operativas internacionais
En paralelo a este novo avance dentro de NATO DIANA, Suite ACRE participa durante estas semanas en REPMUS26, exercicio multinacional dedicado á experimentación e integración de sistemas non tripulados que se desenvolve en Troia e Sesimbra, Portugal, entre o 31 de agosto e o 25 de setembro.
O exercicio reúne a 36 países e máis de 130 empresas provedoras de tecnoloxía dual para a OTAN, alén de organismos como a European Defence Agency (EDA) e a European Maritime Safety Agency (EMSA), e constitúe unha contorna de referencia para probar a interoperabilidade de novas tecnoloxías aplicadas a escenarios operativos.
Segundo comunicou Vig-Sec Drone, Suite ACRE está a ser utilizada durante o exercicio para a coordinación do espazo aéreo de media e baixa cota, reforzando a validación da plataforma en escenarios internacionais de elevada esixencia operativa.
Unha traxectoria vinculada a BFAero
Fundada en Galicia en 2019, Vig-Sec Drone desenvolveu unha traxectoria vinculada ao ecosistema galego de innovación e emprendemento tecnolóxico. A compañía participou en BFAero, dentro dos itinerarios de Aceleración da 5.ª edición e Consolidación da 6.ª edición, etapas nas que puido impulsar o desenvolvemento e crecemento do seu proxecto dentro dunha contorna especializada nos sectores aeronáutico, aeroespacial e de vehículos non tripulados.
A súa evolución reflicte o potencial dos proxectos apoiados por BFAero para avanzar desde o desenvolvemento tecnolóxico ata a validación operacional, a conexión con grandes actores do sector e a expansión cara a mercados internacionais.
Actualmente, Suite ACRE conta con máis de 2.000 usuarios e está presente en organismos públicos, axencias de emerxencias e unidades das Forzas Armadas. A plataforma xa participou en exercicios nacionais e internacionais como ATLAS, Steadfast Dart e Spring Storm, e a finais de setembro estará tamén presente en Drone Shield 2026, en República Checa.
A participación en REPMUS26 e a selección para Mission Track de NATO DIANA representan así dous fitos dentro da traxectoria internacional de Vig-Sec Drone e poñen de manifesto a capacidade das empresas vinculadas ao ecosistema BFAero para desenvolver solucións tecnolóxicas con aplicación internacional en sectores estratéxicos.
Business Factory Aero, promovida pola Xunta de Galicia a través de IGAPE e XesGalicia e xestionada pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, acompaña proxectos dos sectores aeronáutico, aeroespacial e de vehículos non tripulados nas súas fases de incubación, aceleración e consolidación. A 8.ª convocatoria de BFAero está aberta a novos proxectos e empresas que queiran desenvolver e escalar as súas solucións dentro deste ecosistema especializado.
A Business Factory Aero (BFAero), a incubadora e aceleradora de empresas promovida pola Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e XesGalicia, lanza a súa 8ª edición co propósito de impulsar proxectos que proporcionen unha resposta innovadora aos desafíos actuais desta industria.
O seu enfoque especializado nos sectores aeronáutico, aeroespacial e de vehículos non tripulados e a súa conexión coa industria diferencian á BFAero doutras iniciativas, proporcionando unha contorna competitiva para o desenvolvemento de proxectos.
Desde a súa posta en marcha de 2019, apoiou 49 novos proxectos, máis do 80% deles continúan activos e crecendo. Estas compañías xeraron máis de 320 empregos cualificados e máis de 28 millóns de euros de volume de negocio anual.
Nas dúas últimas edicións, as empresas de BFAero captaron máis de 14 millóns de euros, con preto do 70% procedente de capital privado, o que confirma a capacidade do programa para transformar tecnoloxías estratéxicas en compañías con atractivo investidor.
Da tecnoloxía ao mercado
A oitava edición de BFAero ofrece aos proxectos mentores expertos en áreas como aeronáutica, normativa UAV, propiedade intelectual, xestión empresarial ou mercadotecnia para transformar startups en empresas innovadoras, viables e escalables dentro do sector aeronáutico e aeroespacial.
A aceleradora conecta aos proxectos cun ecosistema único vinculado a empresas tractoras como Airbus, Telespazio ou Avincis e máis de 55 entidades entre centros tecnolóxicos, universidades e empresas do sector coas que promove un networking empresarial proactivo. Ademais, facilita espazos de traballo no Pazo de Feiras de Lugo, preto do aeródromo de Rozas e o Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (CIAR).
Ata 250.000€ de financiamento
O programa dispón de 3 itinerarios, adaptados ao grao de madurez de cada proxecto. Incubación, para a fase temperá, sen unha proposta de valor validada cunha duración de ata 12 meses. Aceleración, dirixida a proxectos cun Produto Mínimo Viable (PMV) desenvolvido e que están a realizar as súas primeiras vendas, durante 8 meses. E Consolidación, modalidade deseñada para empresas cun produto ou servizo definido e vendas reais, que buscan escalar o seu negocio, cunha duración de ata 6 meses.
Na fase de Incubación as startups terán acceso a un financiamento de ata 40.000 euros a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) a fondo perdido. Os proxectos en Aceleración contarán cun financiamento do Igape de ata 60.000 euros a fondo perdido e a posibilidade dunha participación en capital mediante un préstamo participativo de ata 50.000 euros, con opción a capitalización a través de Xesgalicia, o vehículo investidor da Xunta de Galicia.
As empresas en fase de Consolidación poderán acceder a ata 30.000 euros a través do Igape a fondo perdido. No caso de que a empresa así o solicite, e no marco dunha rolda de financiamento, poderase valorar unha participación directa no capital da compañía de ata 250.000 euros.
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional
Sempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.