Emprendemento desde a axilidade e a solidez
O programa Business Factory Aero estrutúrase ao redor dun conxunto de actividades harmonizadas para dar resposta aos fitos que se acordaron no Acordo Marco de cada proxecto. Estas actividades estrutúranse en tres tipoloxías: mentorías, sesións de formación e eventos de networking.
Nas dúas últimas edicións, BFAero focalizou os seus esforzos en ofrecer aos proxectos un conxunto de mentores expertos en áreas como aeronáutica, normativa UAV, propiedad intelectual, xestión empresarial ou marketing, e en incrementar o número de sesións en beneficio dos proxectos, chegando a superar as 157 na quinta edición do programa.
Proba concepto e financiamento
As mentorías son unha das actividades do programa de formación máis valoradas polos emprendedores, tanto polo coñecemento especializado que proporcionan como polo acceso a cuestións estratéxicas como a posibilidade de realizar proba concepto con empresas ou validar un produto coas necesidades do mercado.
Outro dos factores crave para o futuro dos proxectos é o acceso ao financiamento. Nesta liña, cabe destacar que o programa de Business Factory Aero inclúe formación para a captación de financiamento de entidades públicas e privadas, segundo a etapa de madurez na que se atopa cada proxecto.
Formación personalizada
As sesións de formación adáptanse ás necesidades de cada proxecto, atendendo ás indicacións recollidas no Acordo Marco que emprendedor e aceleradora asinan ao ingreso no programa.
Outra das características é o marcado carácter práctico das sesións, onde se resolven situacións concretas para cada proxecto.
Por último, BFAero organiza eventos de networking durante cada edición na que participan todas as entidades do ecosistema de emprendemento.




