Kreios Space gaña os Premios EmprendeXXI como a startup con maior potencial de Galicia

Kreios Space gaña os Premios EmprendeXXI como a startup con maior potencial de Galicia

A startup Kreios Space foi galardoada nos Premios EmprendeXXI como a de maior impacto en Galicia. Con sede en Lugo e instalacións en Vigo, esta empresa dedicada ao sector aeroespacial participou na quinta edición do programa Business Factory Aero (BFAero), iniciativa que forma parte da rede de aceleradoras da Xunta de Galicia.

Kreios Space desenvolve sistemas de propulsión eléctricos e sostibles para satélites. A súa innovadora tecnoloxía, ABEP (Air-Breathing Electric Propulsion), permite reducir as órbitas actuais nas que operan os satélites, diminuíndo o custo das misións e a xeración de lixo especial, á vez que incrementan o tempo de vida deste tipo de vehículos.

Recoñecemento á innovación

Os Premios EmprendeXXI destacan o espírito emprendedor das startups que xeran un maior impacto no seu territorio e ofrecen as mellores solucións aos desafíos do futuro. Impulsados polo Ministerio de Industria e Turismo, a través de Enisa, e CaixaBank, a través de DayOne, a súa división especializada en empresas tecnolóxicas e os seus investidores, en Galicia contan co apoio do Igape.

Kreios Space foi distinguido fronte a outras 31 candidaturas que se presentaron na última edición dos galardóns de Galicia. A startup recibe un premio en metálico de 6.000 euros, acceso a un programa de formación Moonshot Thinking en colaboración con ESADE e tamén viaxará a Berlín para completar o acompañamento internacional nunha iniciativa organizada co ICEX.

Ademais, Kreios Spacie poderá participar nos Investors Day EmprendeXXI, xornadas durante as cales poderá manter contacto co ecosistema investidor e empresas interesadas en colaborar co emprendemento.

Doutra banda, a compañía formará parte da comunidade AlumniXXI, que se consolidou como un punto de encontro para o intercambio de coñecementos, ideas e experiencias entre as e os fundadores das empresas premiadas ao longo da historia dos Premios EmprendeXXI. Trátase dunha iniciativa que combina unha comunidade virtual e encontros presenciais que axuda a reforzar vínculos e crear sinerxias entre as persoas premiadas e o ecosistema emprendedor e da innovación.

Un ecosistema de innovación dinámico

Kreios Space, que se trasladou a Galicia tras o seu paso pola quinta edición de BFAero, contou co apoio dun equipo de titores e expertos no sector aeronáutico, aeroespacial e de vehículos non tripulados, e accedeu a early adopters e clientes e a entidades investidoras públicas e privadas.

Nas últimas cinco edicións, Galicia foi capaz de consolidar un ecosistema de innovación dinámico e robusto no que participan máis de 55 entidades que cooperan co obxectivo de dar resposta ás necesidades dos emprendedores da industria aeroespacial e aeronáutica, tecendo unha rede de colaboración para o impulso e escalado de tecnoloxías disruptivas que resolvan retos das empresas e da sociedade.

A pegada industrial que xerou a BFAero tradúcese en tres ámbitos. Xunto á creación de novas empresas, 46 en total desde 2018, o programa impulsou a consolidación dun operador de referencia no sector, como é o caso de Aeromedia, e propiciou tamén o traslado a Galicia da sede de startups como Kreios Space e FuVex.

A BFAero atrae a Galicia mais de 110 proxectos de ámbito nacional e internacional e consolídase como aceleradora referente no sector aeroespacial

A BFAero atrae a Galicia mais de 110 proxectos de ámbito nacional e internacional e consolídase como aceleradora referente no sector aeroespacial

A Business Factory Aero consolídase no ámbito nacional e internacional como programa de aceleración e consolidación do sector aeronáutico, aeroespacial e de vehículos non tripulados ao conseguir atraer 110 proxectos na sexta convocatoria. O 57% das propostas rexistradas, cuxo período acaba de concluír, corresponden a emprendedores e empresas con orixe nacional e internacional, no que se inclúe países como Holanda e Gran Bretaña. O 43% dos rexistrados son emprendedores afincados en Galicia.

Dos máis de 110 proxectos rexistrados, o 48% pertencen ao itinerario de Incubación, que durante 12 meses apoiará a empresas sen constituír ou de recente creación cunha idea e o desenvolvemento dun produto mínimo viable (PMV). O 37% das propostas rexistradas son de Aceleración, onde durante 8 meses, recibirán tutorización e apoio para sistematizar o seu modelo de negocio, desenvolver e validar o seu produto ou servizo, conseguir vendas recorrentes e penetrar en novos mercados. Por último, na fase de Consolidación rexistráronse o 15% das propostas presentadas, que durante 6 meses recibirán apoio para escalar e internacionalizar a súa empresa.

A Business Factory Aero, programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial da Xunta de Galicia, apoiou ao longo das súas cinco edicións anteriores un total de 46 proxectos empresariais, que mobilizaron un investimento de preto de 7,8 millóns de euros e que rexistraron unha facturación conxunta de 9,2 millóns no ano 2023.

Financiamento ata 280.000 euros

Na fase de Incubación as startups terán acceso a un financiamento de ata 40.000 euros a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) a fondo perdido. Os proxectos en Aceleración contarán cun financiamento do Igape de ata 60.000 euros a fondo perdido e a posibilidade dunha participación en capital mediante un préstamo participativo de ata 50.000 euros, con opción a capitalización a través de Xesgalicia, o vehículo investidor da Xunta de Galicia.

As empresas en fase de consolidación poderán acceder a ata 30.000 euros a través do Igape a fondo perdido. No caso de que a empresa así o solicite, e no marco dunha rolda de financiamento, poderase valorar unha participación directa no capital da compañía de ata 250.000 euros.

Un ecosistema de innovación dinámico

Os proxectos de BFAero contarán cun equipo de titores e expertos no sector aeronáutico, aeroespacial e de vehículos non tripulados, tamén terán á súa disposición early adopters e clientes, e a posibilidade de acceso a entidades investidoras públicas e privadas.

Nas últimas cinco edicións, Galicia foi capaz de consolidar un ecosistema de innovación dinámico e robusto no que participan máis de 55 entidades que cooperan co obxectivo de dar resposta ás necesidades dos emprendedores da industria aeroespacial e aeronáutica, tecendo unha rede de colaboración para o impulso e escalado de tecnoloxías disruptivas que resolvan retos das empresas e da sociedade.

A pegada industrial que xerou a BFAero tradúcese en tres ámbitos. Xunto á creación de novas empresas, 46 en total desde 2018, o programa impulsou a consolidación dun operador de referencia no sector, como é o caso de Aeromedia, e propiciou tamén o traslado a Galicia da sede de startups como Kreios Space e FuVex.

A Xunta destaca a competitividade das empresas galegas para acceder ao mercado das tecnoloxías duais, para o seu uso civil e de defensa

A Xunta destaca a competitividade das empresas galegas para acceder ao mercado das tecnoloxías duais, para o seu uso civil e de defensa

A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, destacou hoxe en Silleda a competitividade das empresas galegas para acceder ao mercado das tecnoloxías duais, para o seu uso civil e de defensa.

Durante a súa visita ao espazo expositivo do Polo Aeroespacial de Galicia na Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias (SEDEXPO) que se está a celebrar na Feira de Exposicións de Galicia, Ardao sinalou que o tecido empresarial galego ten demostrado a súas capacidades no sector aeronáutico, aeroespacial, da seguridade e das emerxencias. Neste sentido, insistiu en que a experiencia no desenvolvemento destas tecnoloxías sitúano nunha posición privilexiada para incrementar a súa competitividade desenvolvendo tecnoloxías de uso dual.

Silleda acolleu desde o 26 ata o 28 de marzo a terceira edición de SEDEXPO, punto de encontro para que empresas, profesionais, organismos públicos e institucións coñezan as oportunidades desta industria, intercambien experiencias, xeren negocio e coñezan as últimas novidades do sector.

O aeroespacial, a aeronáutica e os vehículos non tripulados foron protagonistas desta edición, na que o Polo Aeroespacial de Galicia contou cun stand propio no que participaron empresas e centros tecnolóxicos e de coñecemento como AertecAirbusAvincisTecnobitTelespazio IbéricaCuatro DigitalUARX SpaceKreios SpaceArzeos AircraftAguia Analítica AvanzadaBeagle TechnologyVentilatio LabH2Dron EnergyNet2Fly.

Ademais, celebrouse unha xornada monográfica sobre o Polo Aeroespacial de Galicia na que se abordaron temáticas como o papel do Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (CIAR) como centro estratéxico para a defensa e a innovación tecnolóxica; os servizos intelixentes sobre mobilidade área; o presente e o futuro dos drons; cartografía rápida para a xestión de emerxencias; a dixitalización na loita contra incendios forestais; o cerebro detrás dos drons; ou a aplicación das matemáticas ao servizo da loita contra incendios. Tamén tivo un espazo propio no programa de conferencias de SEDEXPO, a Business Factory Aero, programa de incubación, aceleración e consolidación de startups do sector aeroespacial da Xunta.

Business Factory Aero – BFAero

A Business Factory Aero – BFAero é unha iniciativa da Xunta de Galicia que achega infraestruturas, financiamento e o apoio de expertos para brindar soporte personalizado a proxectos aeroespaciais, aeronáuticos e de vehículos non tripulados. O traballo de BFAero permitiu a creación dun ecosistema de innovación dinámico e frutífero, converténdose na mellor aceleradora na clasificación global de Funcas 2024.

Business Factory Aero lanza a súa 6ª Edición co foco na internacionalización

Business Factory Aero lanza a súa 6ª Edición co foco na internacionalización

A Business Factory Aero (BFAero), a aceleradora referente na industria aeroespacial, aeronáutica e de vehículos no tripulados (UAVs), abriu a convocatoria da súa 6ª edición cun compromiso de enfocar todos os recursos do programa cara á internacionalización. Impulsada pola Xunta de Galicia, esta nova edición abre as súas portas a emprendedores e startups de todo o mundo, ofrecéndolles a oportunidade de desenvolver os seus proxectos nun ecosistema de aceleración único. Ademais, BFAero reforza o seu apoio á expansión internacional das empresas participantes, facilitando a súa entrada en mercados globais e creando novas oportunidades comerciais no sector.

Aspectos diferenciais de BFAero

A 6ª edición de BFAero distínguese por unha serie de aspectos clave que a converten nunha aceleradora única dentro do sector aeronáutico e aeroespacial. O seu enfoque especializado, os recursos dispoñibles e a súa conexión co mercado global diferénciana doutras iniciativas similares, ofrecendo aos emprendedores unha contorna ideal para o desenvolvemento e consolidación dos seus proxectos.

Entre os aspectos máis diferenciais atopamos:

1. Vertical aeronáutica e aeroespacial que ofrece unha contorna adaptada con mentores, recursos e sinerxias entre proxectos.

2. Enfoque a mercado, os proxectos oriéntanse a resolver problemas reais do sector, o que lles permite atopar unha saída comercial.

3. Amplo catálogo de medios e recursos avanzados, que facilitan o desenvolvemento áxil de solucións tecnolóxicas.

4. Respaldo dun ecosistema aberto de innovación. A colaboración con axentes públicos e privados no sector aeroespacial e os vehículos non tripulados, favorece as sinerxias entre os proxectos e as institucións.

5. Apoio ao ciclo completo dos proxectos de emprendemento. BFAero ofrece tres modalidades de apoio (incubación, aceleración e consolidación), cubrindo todas as etapas do emprendemento, desde a ideación ata a consolidación do negocio.

6. Alcance internacional. Recibe proxectos de todo o mundo e apoia a súa internacionalización, axudando a acceder a mercados globais.

7. Atracción de investimento. Fomenta o achegamento dos proxectos a entidades de investimento públicas e privadas, que poidan achegarlles capacidades de desenvolvemento adicionais, así como acceso a relacións de colaboración e a novos mercados.

Que ofrece a 6ª Edición?

Nas dúas últimas edicións, BFAero focalizou os seus esforzos en ofrecer aos proxectos un conxunto de mentores expertos en áreas como aeronáutica, normativa UAV, propiedade intelectual, xestión empresarial ou márketing, e en incrementar o número de sesións en beneficio dos proxectos, chegando a superar as 157 na quinta edición do programa.

A 6ª edición de BFAero chega cunha proposta renovada para transformar startups en empresas innovadoras, viables e escalables dentro do sector aeronáutico e aeroespacial. A aceleradora ofrece aos participantes un ecosistema único con formación especializada, asesoramento experto, networking, acceso a inversores e dous espazos de traballo no Pazo de Feiras de Lugo, cerca do aeródromo de Rozas e o Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (CIAR). Ademais, proporciona apoio financeiro a través de subvencións, préstamos participativos e posibles investimentos en capital, garantindo así o crecemento sostible dos proxectos.

O programa tamén prestará asesoramento personalizado e adaptado a cada proxecto mediante titorías técnicas e de xestión, colaboracións no sector e visibilidade e difusión en medios de comunicación e redes sociais, así como a través dos diferentes actos e eventos organizados no marco do programa.

Unha aceleradora con impacto global

Con case 50 casos de éxito e un historial de recoñecementos nacionais e internacionais aos proxectos acelerados, a Business Factory Aero consolidouse como plataforma ideal para impulsar un proxecto no sector. Desde o seu lanzamento en 2018, xerou un impacto global, acelerando 46 startups e consolidando un ecosistema dinámico que traspasou fronteiras. Empresas como FuVeX, que participou na 4ª edición, lograron fitos significativos, como a firma do maior contrato de drons civís en España con Naturgy. Ademais, o programa contribuíu á expansión do sector en Galicia, consolidando a Aeromedia como operador de referencia e atraendo a startups como Kreios Space e FuVex.

BFAero foi recoñecida como a mellor aceleradora de España na Clasificación FuncasUniversidad Rey Juan Carlos 2024-2025, consolidándose como un referente no impulso de startups do sector aeroespacial.

O ecosistema aeronáutico galego, composto por máis de 55 entidades, converteuse nun punto de referencia para o desenvolvemento e escalado de tecnoloxías disruptivas na industria aeroespacial. Grazas a esta rede de colaboración, os emprendedores accederon a 31 potenciais clientes ou “early adopters” e a 7 potenciais investidores, afianzando o papel de BFAero como unha aceleradora con impacto global.

Datas crave e fases do programa

A 6ª edición de BFAero segue un calendario estruturado en distintas fases crave, comezando coa convocatoria e o proceso de inscripción, que estará aberto ata o 20 de marzo de 2025 ás 15:00 (UTC+1). Só serán consideradas aquelas solicitudes enviadas seguindo as bases, dentro do prazo e a través da canle adecuada, e que cubrisen integramente a totalidade do cuestionario. Tras o peche de inscricións, iniciarase a fase de selección, na que se avaliarán as candidaturas e elixiranse os proxectos que ingresarán no programa.

Os seleccionados pasarán á fase de ingreso, na que dispoñerán de 1 mes para achegar a documentación que se lles requira, asinar os acordos debidos e realizar outros trámites relacionados coa súa entrada en BFAero. Unha vez formalizado o seu acceso, comezarán as fases de incubación, aceleración e consolidación segundo o cronograma establecido no Acordo Marco.

FuVeX, participante de BFAero, asina o maior contrato de drons civís en España

FuVeX, participante de BFAero, asina o maior contrato de drons civís en España

FuVeX asinou co grupo Naturgy o maior contrato de drons civís en España, consolidando o seu liderado na inspección de infraestruturas eléctricas. FuVeX foi unha das empresas participantes da cuarta edición da Business Factory Aero (BFAero), iniciativa que forma parte da rede de aceleradoras da Xunta de Galicia.    

Este acordo permitirá a FuVeX supervisar os case 40.000 quilómetros de liñas aéreas de Alta e Media Tensión de UFD en España ata 2026, con opción de prórroga ata 2028, utilizando drons de longo alcance equipados con sensores visuais, térmicos e LiDAR para crear un xemelgo dixital da rede.

A tecnoloxía de FuVeX representa unha innovación disruptiva na xestión da inspección e o mantemento das infraestruturas eléctricas. Os drons de longo alcance desenvolvidos por esta scale-up achegan melloras en eficiencia operativa, xa que cada dron é capaz de cubrir 50 quilómetros diarios de liña eléctrica, cinco veces máis que os drons convencionais. A empresa xa traballa en alcanzar o obxectivo de 200 km diarios.  

O uso dos drons ofrece dúas vantaxes máis, a redución de emisións de Co2 en cada voo, minimizando o impacto ambiental, e o incremento da seguridade na inspección de infraestruturas, xa que reduce as situacións de risco en contornas complexas.

Impulso de BFAero

FuVeX destacou durante o seu paso polo itinerario de consolidación da 4.ª edición de BFAero, onde contou co apoio de todos os recursos desta aceleradora e dun sólido ecosistema aeronáutico e aeroespacial.

A súa participación en BFAero foi un paso importante máis para o desenvolvemento e consolidación de FuVeX no mercado aeroespacial, así o recalcou Carlos Matilla, CEO de FuVeX, “o noso paso por BFAero serviunos para optimizar o modelo de desenvolvemento e poñer foco no verdadeiramente diferencial nas nosas áreas de especialización. Doutra banda, supuxo a oportunidade de prepararnos para o crecemento da compañía, a través da xestión de grandes contas.”

O traballo de BFAero ao longo de 5 edicións permitiu a consolidación dun panel de expertos e mentores de alto valor e a creación dun ecosistema de innovación dinámico e frutífero que impulsan e consolidan proxectos como FuVex.

O ecosistema aeronáutico galego ofrece con máis de 55 entidades que cooperan co obxectivo de dar resposta ás necesidades dos emprendedores da industria aeroespacial, aeronáutica e de vehículos non tripulados tecendo unha rede de colaboración para o impulso e escalado de tecnoloxías disruptivas que resolvan retos das empresas e da sociedade.

A colaboración de todo o ecosistema permitiu aos emprendedores acceder a 31 potenciais clientes ou “early adopters” e a 7 potenciais investidores.