BFAero apoiou a xeración de 310 empregos e 28,6 M€ de volume de negocio en Galicia

BFAero apoiou a xeración de 310 empregos e 28,6 M€ de volume de negocio en Galicia

A Business Factory Aero (BFAero), a aceleradora aeroespacial impulsada pola Consellería de Economía e Industria, apoiou a 49 proxectos empresariais desde 2019, dos cales 15 son empresas de nova creación. BFAero demostrou capacidade de atracción de talento empresarial procedente doutros territorios, xa que algunhas destas empresas mudáronse a Galicia procedentes de Cataluña, Comunidade Valenciana, Madrid e Castela e León, alén doutros países como Noruega, Uruguai e Portugal.

En conxunto, as compañías xeraron máis de 310 empregos cualificados, un volume de negocio acumulado de 28,6 millóns de euros e realizaron investimentos por valor de 16 millóns de euros. O impacto económico xerado polas empresas aceleradas reflicte a capacidade de Galicia para transformar proxectos innovadores en actividade empresarial con impacto en todo o territorio.

O impacto da aceleradora presentouse durante o acto de licenciamiento da sexta edición e o lanzamento da sétima, que se celebrou nas instalacións da empresa Kreios Space recentemente implantada no polígono de Porto do Molle (Nigrán). O acto contou coa participación da conselleira de Economía e industria, María Jesús Lorenzana, que coñeceu de primeira man os proxectos da compañía galega.

Pegada industrial por toda Galicia

A pegada industrial de BFAero en Galicia distribúese por todo o territorio. Entre os proxectos impulsados destacan casos como Kreios Space e Lupeon en Nigrán; Aguia Analítica en Oleiros; Aeromedia e ITG Drone Solutions na Coruña; Arzeos Aircraft en Silleda; Luxit en Ourense; ou Vig-Sec Drone en Lugo.

Ademais, os proxectos da quinta e sexta edición captaron máis de 14 millóns de euros de financiamento público e privado. Cabe destacar que preto do 70% deses recursos proceden de fondos de investimento privados, un indicador que evidencia a confianza do mercado nas capacidades tecnolóxicas e o potencial de crecemento das empresas xurdidas do programa.

Un ecosistema de colaboración público-privada

Tras seis edicións, BFAero consolidouse como un dos principais instrumentos de apoio ao emprendemento tecnolóxico e ao desenvolvemento da industria aeroespacial en España. O programa colabora con máis de 55 entidades, entre empresas tractoras (Airbus, Avincis ou Telespazio), centros tecnolóxicos, as universidades galegas e empresas da cadea de valor.

A aceleradora forma parte da Iniciativa Estratéxica en Seguridade, Defensa e Aeroespacio 2025-2030, impulsada pola Consellería de Economía e Industria, que conta cunha dotación pública de 183 millóns de euros e unha capacidade estimada para mobilizar preto de 900 millóns de euros mediante a colaboración público-privada.

Binarial, Ventilation Lab, Kreios Space e Lupeon, beneficiarias dos NEXOS que fomentan a I+D+i colaborativa

Binarial, Ventilation Lab, Kreios Space e Lupeon, beneficiarias dos NEXOS que fomentan a I+D+i colaborativa

Varias empresas vinculadas ao ecosistema de Business Factory Aero (BFAero), como Binarial Automatización e Robótica, Ventilation Lab, Kreios Space e Lupeon convertéronse en beneficiarias da convocatoria NEXOS, unha iniciativa de axudas da Xunta de Galicia destinada a fomentar a I+D+i colaborativa entre pemes e centros de coñecemento en sectores estratéxicos. Cun orzamento superior a 20 millóns de euros, os NEXOS buscan impulsar a competitividade, a sustentabilidade e a transformación dixital, mobilizando importantes investimentos en áreas como economía circular, agroalimentación e fabricación avanzada.

En total, catro empresas vinculadas a BFAero participan en proxectos beneficiarios desta convocatoria, dentro dun conxunto de 138 compañías apoiadas, o que supón cerca do 3% do total e reflicte a presenza do ecosistema no programa e a súa contribución á innovación colaborativa en Galicia.

A convocatoria NEXOS apoiará 37 proxectos de I+G+i en colaboración con centros de coñecemento, co obxectivo de impulsar iniciativas de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación organizativa e de procesos. A dotación total é de 22,6 millóns de euros e espérase mobilizar preto de 39,8 millóns de euros entre 2026 e 2028.

Empresas de BFAero participantes

Entre as empresas beneficiarias atópanse varias compañías vinculadas a proxectos impulsados desde BFAero:

  • Kreios Space, S.L. e Lupeon, S.L., participantes no proxecto MANA (Manufactura avanzada para a nova astronáutica), centrado no ámbito da fabricación avanzada aplicada ao sector espacial.

  • Ventilatio Lab, S.L., que participa no proxecto XIADA, enfocado no desenvolvemento de solucións para a xestión intelixente do aire e a desinfección ambiental no ámbito do benestar e a saúde.

  • Binarial Automatización y Robótica, S.L., integrante do proxecto SENSOMARE, orientado á investigación de novas solucións de sensórica avanzada e intelixencia artificial aplicadas á industria pesqueira.

A participación destas empresas pon de manifesto a diversidade de ámbitos tecnolóxicos nos que o ecosistema galego está a desenvolver solucións innovadoras.

Impulso á innovación colaborativa

Os proxectos financiados desenvolveranse mediante agrupacións de empresas formadas por un mínimo de tres e un máximo de seis pemes, co obxectivo de fomentar o traballo colaborativo e a transferencia efectiva de resultados.

Neste contexto, a participación de empresas vinculadas a BFAero reforza o papel do ecosistema como axente activo na xeración de innovación, favorecendo a conexión entre empresas e centros de coñecemento e contribuíndo ao desenvolvemento de solucións tecnolóxicas con impacto en sectores estratéxicos.

Proxectos estratéxicos para Galicia

As iniciativas seleccionadas encádranse nos ámbitos estratéxicos definidos no Plan galego de I+D+i 2025-2027, entre os que destacan a economía circular e a enerxía, a fabricación avanzada, a agroalimentación e o benestar e a saúde.

A convocatoria NEXOS enmárcase no programa Activa I+G+i, que apoia a colaboración entre empresas e a transferencia efectiva de resultados, ao que o Goberno galego destina máis de 40 millóns de euros mediante catro grandes convocatorias.

A presenza de empresas vinculadas a BFAero nesta convocatoria pon de relevo, unha vez máis, a capacidade do ecosistema para xerar innovación e participar en proxectos colaborativos de alto impacto, contribuíndo ao fortalecemento do tecido tecnolóxico e industrial galego.

Vig-Sec Drone e Kreios Space exemplos de emprendemento e ciencia ao servizo de sectores estratéxicos

Vig-Sec Drone e Kreios Space exemplos de emprendemento e ciencia ao servizo de sectores estratéxicos

A Business Factory Aero participou en Invertir en Ciencia SÍ es Rentable, unha reunión estratéxica de científicos, investidores e empresas de base tecnolóxica celebrada en Santiago de Compostela, para mostrar exemplos de empresas aceleradas que afianzan o lema deste IV encontro nacional, organizado por UNIRISCO y Xesgalicia.

As empresas Vig-Sec Drone e Kreios Space participaron nunha mesa redonda para expoñer as súas experiencias no valor que achega o modelo das Business Factory como unha panca de impulso ao emprendemento e a ciencia ao servizo de sectores estratéxicos, moderada polo IGAPE.

Nesta liña, Noelia Gil, directora de operacións e cofundadora de Vig Sec-Drone expuxo o valor engadido que supuxo “entrar en conexión co ecosistema galego porque nos abriu moitas portas”, tamén recoñeceu que “os expertos aos que tivemos acceso axudáronnos a posicionarnos no mercado”.

Pola súa banda, Jan Mataró, CTO e Fundador de Kreios Space explicou como decidiron trasladar a empresa de Cataluña a Galicia, “necesitabamos unha cámara sen carga para facer uns test e, grazas á BFAero contamos, co apoio da Xunta de Galicia a través do IGAPE e acabamos sacando o proxecto adiante”. Ter unha contorna favorable de apoios públicos, investidores e un ecosistema forte animou á empresa para realizar o traslado “inicialmente movémosnos 8 persoas, agora somos máis de 25”.

Junto a las startups, más de 50 ponentes analizaron la inversión en tecnologías deeptech como motor de transformación económica e impacto social y la necesidad de contar con el impulso del capital privado como palanca de competitividad, soberanía tecnológica y crecimiento sostenible.

Investimento paciente

Durante este evento tamén se analizou o papel dos investidores públicos e privados e a necesidade de que o investimento en compañías de base científica e tecnolóxicas abórdese como un investimento paciente.

Vig-Sec Drone e Kreios Space son exemplos de emprendedores cunha tecnoloxía disruptiva que xerou interese entre investidores públicos e privados. A finais de 2025, Vig Sec-Drone pechou unha rolda de investimento de 1M€ para acelerar o seu crecemento e consolidar a súa tecnoloxía. A rolda estivo liderada por Encomenda Capital Partners SGEIC e contou coa participación de Lugo Transforma, XesGalicia e Vigo Activo Sociedade de Capital Risco.

Pola súa banda Kreios Space pechou unha rolda de investimento semente de 8 M€, liderada por NATO Innovation Fund (fondo de innovación da OTAN) e por Join Capital, o que a converteu na maior rolda de financiamento europeo de tecnoloxías VLEO. A operación tamén contou co respaldo outros investidores, entre eles Xesgalicia, Grow Venture Partners e Tasivia Global.

Startups de BFAero brillan no ecosistema aeroespacial de innovación

Startups de BFAero brillan no ecosistema aeroespacial de innovación

Durante as últimas semanas, algunhas das startups de BFAero cultivaron recoñecementos tanto a nivel nacional como internacional do ecosistema aeroespacial de innovación. Premios e distincións que son unha proba da eficacia dos proxectos porque resolven un reto civil ou militar e fano desde unha visión innovadora.

VALAR foi seleccionado como un dos gañadores dos Desafíos CASSINI 2024, organizados pola Axencia da Unión Europea para o Programa Espacial (EUSPA).

É un gran recoñecemento á traxectoria comercial e unha validación da visión da empresas por conseguir que as operacións espaciais sexan máis accesibles, fiables e eficientes para todo o ecosistema espacial europeo.

Aguia Analítica Avanzada recibiu o Premio de Innovación Aeronáutica 2025- COIAE, en recoñecemento ao traballo realizado no desenvolvemento de tecnoloxías avanzadas para a inspección e xestión intelixente de infraestruturas.

Ademais, foi recoñecida como unha das 101 empresas destacadas na II Edición dos Recoñecementos Top 101 Spain Up Nation, un evento que celebra o talento emprendedor de alto impacto en España.

Destacar tamén que na edición deste ano, tamén foi recoñecida como Top 101 Spain Up Nation, Vig Sec Drone.

Ata a cidade alemá de Hannover foise o equipo de 3top, xa que foron seleccionados na primeira edición de Desafía Agrotech Alemaña 2025, un programa deseñado por Red.es, ICEX España Exportación e Investimentos e a Oficina Económica e Comercial de España para o impulso da internacionalización de startups españolas que aplican a tecnoloxía ao sector agroalimentario.

Por último, destacar tamén o éxito cultivado polo equipo de Kreios Space en Corea, onde foi galardoada co premio á «Startup máis disruptiva» deste ano no marco do South Summit Korea 2025.

Todos estes recoñecementos son ademais unha oportunidade de ampliar contactos e conexións para o desenvolvemento de futuros proxectos. Parabén a todos.

Startups de Business Factory Aero e empresas tractoras, protagonistas na Semana Mundial do Espazo en Galicia

Startups de Business Factory Aero e empresas tractoras, protagonistas na Semana Mundial do Espazo en Galicia

Kreios Space, Airbus, Telespazio, Avincis e Tecnobit participaron nas diferentes xornadas do programa impulsado pola Xunta de Galicia, para achegar o sector aeroespacial á mocidade e ao tecido industrial galego.

A Semana Mundial do Espazo celebrouse do 7 ao 10 de outubro en Galicia cun completo programa de actividades promovido pola Consellería de Economía e Industria, no marco da Iniciativa Estratéxica en Seguridade, Defensa e Aeroespacio. Por primeira vez, a comunidade organizou un programa propio aberto ao público, en liña co lema internacional deste ano: “Vivir no espazo”.

Impulso ao talento e á innovación
Durante as diferentes xornadas, desenvoltas nos campus universitarios de Lugo, Santiago, Vigo, Nigrán e Ourense, abordáronse as oportunidades que o sector aeroespacial ofrece en ámbitos como a investigación, a enxeñería ou o emprendemento tecnolóxico.


A startup Kreios Space, participante na aceleradora BFAero, compartiu a súa experiencia no ámbito do emprendemento deep-tech e os motores satelitales durante unha sesión na Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela.

Pola súa banda, as empresas tractoras de BFAero Airbus, Telespazio, Avincis e Tecnobit— tiveron un papel destacado en diferentes encontros, achegando ao público os seus proxectos e tecnoloxías punteiras en comunicacións espaciais, defensa, sistemas de navegación ou solucións con drons.


Un espazo para inspirar vocacións
O programa incluíu charlas técnicas, mesas redondas, un hackatón e talleres divulgativos nos que participaron estudantes de ESO, Bacharelato, FP e universidade. Estas actividades permitiron descubrir como a exploración espacial contribúe ao progreso científico e tecnolóxico, así como á mellora da vida na Terra.


A Semana Mundial do Espazo serviu ademais para fortalecer a conexión entre universidades, administracións e empresas, e para visibilizar o potencial de Galicia como territorio emerxente no ámbito aeroespacial.


BFAero, motor do ecosistema aeroespacial galego
A participación de startups e empresas vinculadas a BFAero nesta cita reforza o papel da Business Factory Aero como eixo vertebrador do ecosistema aeroespacial galego, impulsando a innovación, o talento e a colaboración público-privada ao redor dun sector estratéxico para o futuro de Galicia.